martes, 10 de maio de 2011

- Campionato de Europa feminino 2011

Estase a xogar en Tblisi (Georgia) dende o día 7 ata o día 18. Non hai xogadoras españolas. Sistema suizo para 130 participantes.
Tras xogarse tres roldas na cabeza catro xogadoras teñen o pleno. N. Kosintseva, Danielian, Cmilyte e Khotenashvili. Despois ata 16 xogadoras as seguen tras ceder medio punto.
As mellores partidas poden seguirse en directo, e tamén hai retransmisión por web da sala de xogo (aínda que de moi baixa calidade e con unha imaxe fixa)

Ningún comentario:

Publicar un comentario