mércores, 4 de maio de 2011

- Kazan 2011. Eliminatorias de Candidatos para o Campionato Mundial


¿Recordan os antigos matches de candidatos? Depararon algúns enfrontamentos míticos entre xogadores tamén míticos como Karpov, Korchnoi, Spassky, Fischer, Petrosian, Tahl, Timann, Larsen e tantos outros dende que a FIDE fíxose ca organización do proceso para determinar o campión mundial alá por finais dos anos 40 do século XX.
Ben, ese sistema foi eliminado e varios sistemas foron probados ata voltar ao mesmo. Vai comezar unha competición en Kazan entre os elixidos da elite. Como foron elixidos é outro problema, porque xa non existen os zonais e os interzonais clasificatorios. Pero ese é otro tema.
Topalov - Kamsky, Kramnik - Radjabov, Aronian - Grischuk e Gelfand - Mamedyarov son os enfrontamentos de cuartos de final. Catro partidas a ritmo normal e se é necesario desempate. Logo semifinais, e despois a final de onde sairá o rival para Anand, co que xogará un match en 2012 con título en xogo. As partidas de cuartos comenzan o día 5, as semifinais o 12 e a final o 19.
Se botamos unha ollada na lista de elo fide, vemos que dos mellores non está Carlsen (que renunciou), non está Ivanchuk, nin Karjakin, nin Nakamura, e tampouco Gashimov. Dos teóricamente oito mellores, ou en mellor forma, sen ter en conta a Anand, soamente xogan estes matches tres deles. Cousas da FIDE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario