MARCADOR DOS CUARTOS:
Topalov 0,5 - Kamsky 0,5
Gelfand 0,5 - Mamedyarov 0,5
Aronian 0,5 - Grischuk 0,5
Radjabov 0,5 - Kramnik 0,5
Tras xogarse a primeira das catro partidas das que consta cada minimatch, ninguén foi quen de anotarse un punto, todo táboas.
Kamsky 0,5 - Topalov 0,5: O americano de orixe tártara xogou unha liña pouco usada contra a Najdrof do búlgaro. Topalov tentou de complicar a partida saccrificando torre por bispo e peón, pero o resultado da combinación non foi demasiado contundente e repetíronse xogadas ata o empate en pleno medio xogo.
Mamedyarov 0,5 - Gelfand 0,5: Desta vez o israelí non tratou de xogar unha partida sólida con negras, e plantexou unha siciliana Najdorf. Tras cambiar varias pezas a posición deixou unhas estructuras de peóns cheas de debilidades. Parecía que o azerí podía tratar de lograr algo máis co seu peón pasado no ala de dama, pero acordaron o empate.
Aronian 0,5 - 0,5 Grischuk: O ruso xogou unha apertura na que sacrificou un peón por unha iniciativa que non chegou. Como resultado o armenio Aronian sacou un peón limpo, pasado e gañador. Pero nos apuros de tempo, estando Grischuk peor ca el, non foi quen de acertar nun final de cabalo e peóns.
Radjabov 0,5 - Kramnik 0,5: Teimour Radjabov non logrou nada con brancas contra a arcaica defensa Lasker no gambito de dama do ruso. Na xogada 25, ca posición igualda ofreceu táboas. Evidentemente Kramnik, que moitas veces dixo que nos matches xoga a empatar con negras e a gañar con brancas, aceptou encantado.
Este é o final no que Aronian deixouse medio punto. Difícil de ver con tan pouco tempo, pero con 66.Rd6 a partida se gaña Levou o seu rei a b6 e entón eran táboas. O curioso é que despois Grischuk tamén errou e voltou a estar perdido, pero Aronian non acertou, cambiaron cabalos e firmaron o empate.
Ningún comentario:
Publicar un comentario