MARCADOR DA FINAL
Grischuk 0,5 - Gelfand 0,5
Comezou a final de candidatos, da que sairá o rival para Anand co que xogará un match en 2012. Na primeira partida Grischuk levaba brancas, e comezou con 1.d4. Gelfand xogou de xeito clásico o gambito de dama, con e6 e Be7, e Grischuk escolleu levar o seu bispo a f4 na quinta xogada. Foi Gelfand o primeiro en cambiar o ritmo tranquilo da partida en plena apertura, entrando nunha variante na que se cambiaron moitas pezas, e que desembocou rápidamente nun final de torre e bispo con catro peóns por bando. En poucas xogadas no taboleiro tiñamos unha posición de torre en peón por bando na que as táboas non se podían evitar. 0,5 - 0,5.
Ningún comentario:
Publicar un comentario