luns, 21 de xullo de 2014

Fabiano Caruana gañou o Torneo de Dortmund 2014

O italiano Caruana acadou un novo éxito tras levarse o Sparkassen Chess-Meeting que tivo lugar na cidade xermana de Dortmund. Fixo 5,5 puntos de 7 sacando un e medio aos seus perseguidores, Peter Leko e Georg Meier. Naiditsch e Adams remataron con 3,5 puntos, por 3 de Ponomariov. A decepción foi o ruso Kramnik que acabou con +0 =5 -2, perdendo 17 puntos de Elo. Pechou a táboa con 2 puntos Baramidze.

xoves, 17 de xullo de 2014

A rusa Valentina Gunina campiona de europa feminina 2014

Con 9 puntos a GM Gunina levouse o Campionato de Europa feminino, con medio punto de vantaxe sobre a GM tamén rusa Tatiana Kosintseva. A medalla de bronce foi para a MI de Georgia Salome Melia, que empatou a 8 puntos ca MI de Ucrania Mariya Muzichuk, pero con mellor desempate. O campionato xogouse en Bulgaria, na localidade de Plovdiv.
As xogadoras españolas non o fixeron ben pero tampoco mal. Simplemente non foron