sábado, 30 de outubro de 2010

- Campionatos mundiais da xuventude. Non houbo medalla para España

Disputaronse en Grecia, na localidade de Halkidiki, os campionatos mundiais por idades sub-8, sub-10, sub-12, sub-14, sub-16 e sub-18. Non houbo medalla para España, onde a mellor actuación foi a do MF Ángel Arribas, que quedouse a un paso, acabando cuarto en sub-18.
A actuación dos españois podémola ver aquí de forma completa.

Rematou o Nanjing Pearl Spring. Carlsen repite como gañador

Tras empatar con Gashimov na ultima rolda Magnus Carlsen gañou o torneo de Nankin con 7 puntos, e revalida o título que acadou o ano pasado.
Na segunda praza quedou o campión mundial Anand, que na última partida derrotou o francés Bacrot, finalmente terceiro. Un con 6 e outro con 5 puntos.
A cuarta praza foi para Gashimov empatado a puntos con Topalov, pero no sistema de desempate valen máis as nove táboas e unha derrota do xogador de Azerbaijan que as dúas victorias, cinco empates e tres derrotas do xogador de Bulgaria.
Na sexta posición pechou a táboa o chinés Wang Yue, con 3 puntos.
Carlsen gañou 10 puntos Elo no torneo, e mellorou o seu xogo notablemente dende os seus últimos torneos, a Olimpiada e a Final do Gran Slam, onde non estivo acertado.

venres, 29 de outubro de 2010

Carlsen gaña o torneo de Nankin a falta de unha rolda

O noruegués Magnus Carlsen venceu o bulgaro Veselin Topalov na oitava rolda do torneo chinés de Nankin, e como a partida entre Bacrot e Wang Yue e a partida entre Gashimov e Anand remataron en táboas ninguén poderá alcanzalo na primeira praza pase o que pase na rolda dez.

Tras 32.Tc3 
Na posición do diagrama Carlsen xogou 32... Cxf2!, unha pequena combinación que lle da unha boa vantaxe. Aquí parece que o mellor e xogar 33.Cc4, pero Topalov errou no cálculo e fixo 33.Tc7?, e tras o 33...Cfe4 de Carlsen rescatando o cabalo o búlgaro rendiuse porque no mellor dos casos perde calidade e a debilidade de a3 é decisiva.
A clasificación a falta de unha partida queda:
Carlsen 6,5
Bacrot e Anand 5
Gashimov 4
Topalov 3,5
Wang Yue 3

xoves, 28 de outubro de 2010

Eleccións na Federación Galega de Xadrez

Toca votar para escoller representantes no xadrez galego. As eleccións convocaronse o 25 de outono, e pódense consultar na páxina da Federación todos os detalles. O máis importante: 4 de decembro votación a membros da Asemblea e o 19 de decembro votación a Presidente e Comisión Delegada.
FEGA - Eleccións

Tres empates na oitava rolda de Nankin 2010

Non hai cambios na táboa do torneo chinés tras acabar en empate todas as partidas disputadas.
Anand - Topalov foi unha partida moi quente. Topalov con negras sacrificou un cabalo para deixar en mala posición o rei do seu rival, recordando o sacrificio co que sorprendeu a Kramnik hai uns anos en Wijk aan Zee. Anand devolveu máis tarde o material para aliviar a presión, e Topalov tivo que forzar xaque continuo.
Wang Yue e Carlsen acordaron táboas ao chegar un final de torres no que o noruegués non podía evitar un xaque continuo sen estragar a súa posición.
E na partida Bacrot - Gashimov asistimos a un fraude en catorce xogadas nas que fan burla da Regra de Sofia. Como non se poden acordar táboas entre os xogadores o que fan é repetir posicións e facer unhas táboas dacordo co regulamento.
A clasificación a falta de dúas partidas queda:
Carlsen 5,5
Bacrot e Anand 4,5
Topalov e Gashimov 3,5
Wang Yue 2,5
O torneo pode seguirse na páxina oficial

Engadimos uns enlaces aos videos da conferencia de prensa onde Topalov analizou a súa partida con Kramnik da que falamos anteriormente
Análise de Topalov da partida Topalov - Kramnik 2009 I
Análise de Topalov as partida Topalov - Kramnik 2009 II

mércores, 27 de outubro de 2010

Nankin - Anand alcanza a Bacrot no segundo posto

Cando xa van sete das dez roldas previstas Magnus Carlsen segue na cabeza da táboa con 5 puntos, tras empatar con campíon mundial Vishy Anand, pasando por alto unha liña gañadora.
A sorte de Anand serviulle para sumar medio punto que permitelle empatar na segunda praza do torneo porque Bacrot perdeu con Topalov deixandose material cando tiña unha boa partida.
Gashimov e Wang Yue chegaron a un final de torre e dous peóns contra torre, pero eran peóns dobrados na columna de torre e non deron máis que táboas.

martes, 26 de outubro de 2010

Nankin rolda 6 - Carlsen segue primeiro

A partida Bacrot - Carlsen acabou en táboas. A parella de bispos do francés non foi quen de superar á parella de cabalos do noruegués, que queda con 4,5 puntos fronte os 4 de Bacrot que segue segundo.
Anand venceu a Wang Yue con negras, superando a apertura catalana do chinés, e xa suma 3,5 puntos. Gañou un peón no medio xogo grazas a peor estructura dos mesmos do seu rival e acadou un final de torres gañador.
Gashimov - Topalov rematou en táboas. Partida cos reis dos dous bandos en perigo pero o final desapareceu material do taboleiro e as posicións de ataque esvaeceronse.
A sétima rolda depara un Carlsen - Anand moi esperado, tendo en conta que o 10 de outono en Bilbao Magnus perdeu co xogador indio levando brancas tras un erro de cálculo.

O torneo pódese seguir en directo na páxina oficial

Premios Chessy 2010

Un ano máis a editorial Chessy otorgou os seus premios á labor de difusión do xadrez. Un ourensán, o G.M. Iván Salgado, acadou o premio ao xogador revelación.

Absoluto: Grand Slam de Bilbao.
Medios de comunicación: Chessbase.com en castelán.
Instutución: Concello de León.
Xogador revelación: G.M. Iván Salgado.
Ambito local: Patricia Clarós.

Torneo de Nanking - Rolda 5ª

Tras a primeira volta Magnus Carlsen vai na cabeza con 4 de 5. O francés Bacrot é o sorprendente segundo clasificado con 3,5. O campión mundial Anand ten 2,5, Gashimov 2 e pechan o subcampíón mundial Topalov e o local Wang Yue con 2 puntos.
O martes comeza a segunda volta co encontro entre os dous primeiros clasificados. Bacrot con brancas tratará de acadar a súa cuarta vitoria consecutiva. Podense seguir as partidas en directo na páxina oficial.