Non hai cambios na táboa do torneo chinés tras acabar en empate todas as partidas disputadas.
Anand - Topalov foi unha partida moi quente. Topalov con negras sacrificou un cabalo para deixar en mala posición o rei do seu rival, recordando o sacrificio co que sorprendeu a Kramnik hai uns anos en Wijk aan Zee. Anand devolveu máis tarde o material para aliviar a presión, e Topalov tivo que forzar xaque continuo.
Wang Yue e Carlsen acordaron táboas ao chegar un final de torres no que o noruegués non podía evitar un xaque continuo sen estragar a súa posición.
E na partida Bacrot - Gashimov asistimos a un fraude en catorce xogadas nas que fan burla da Regra de Sofia. Como non se poden acordar táboas entre os xogadores o que fan é repetir posicións e facer unhas táboas dacordo co regulamento.
A clasificación a falta de dúas partidas queda:
Carlsen 5,5
Bacrot e Anand 4,5
Topalov e Gashimov 3,5
Wang Yue 2,5
O torneo pode seguirse na páxina oficial
Engadimos uns enlaces aos videos da conferencia de prensa onde Topalov analizou a súa partida con Kramnik da que falamos anteriormente
Análise de Topalov da partida Topalov - Kramnik 2009 I
Análise de Topalov as partida Topalov - Kramnik 2009 II
Ningún comentario:
Publicar un comentario