Empatados a 6,5 puntos o italiano Caruana e o israelí Gelfand lograron a vitoria na proba do Grand Prix de xadrez xogada na cidade de Bakú. Tras deles cinco xogadores empataron a medio punto, polo que o gañador da proba ben puido cambiar no último intre. O peor foi a derradeira praza de Leinier Domínguez perdendo 25 puntos de ELO.
Amosando publicacións coa etiqueta Grand Prix b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Grand Prix b>. Amosar todas as publicacións
martes, 14 de outubro de 2014
venres, 28 de xuño de 2013
Humpy Koneru gaña a proba do Grand Prix 2013 disputada en Dilijan
A xogadora india Humpy Koneru con 8 puntos foi a gañadora do torneo xogado en Dilijan (Armenia), correspondente ao ciclo do Grand Prix. Tras dela con 7 puntos quedaron Anna Muzychuk e Nana Dzagnidze.
martes, 4 de xuño de 2013
Leinier Domínguez gaña a proba do Grand Prix de Tesaalónica
O GM cubano Domínguez obtivo un dos maiores éxitos da sua carreira tras levarse a proba do Grand Prix da FIDE que disputouse na cidade grega de Tesalónica. Sacoulle medio punto a Kamsky e a Caruana, que remataron xusto tras del. Na derradeira praza rematou Ivanchuk, que está nunha mala racha, deixándose 20 puntos de ELO.
mércores, 15 de maio de 2013
Grand Prix feminino Geneva 2013 (Final) Khotenashvili sorprendente gañadora
Nun torneo onde era das da parte baixa do ranking, a xeorxiana Khotenashvili alzouse ca vitoria con 8 puntos, superando en medio á eslovena A. Muzychuk e en un á rusaT. Kosintseva e á tamén xeorxiana Dzagnidze.
A campiona mundial Ushenina quedou na metade da táboa con 6 puntos, e aínda peor quedou a aspirante á coroa e número un do rankin Yifan Hou con 5.
A táboa final:
Rank | SNo. | Name | Rtg | FED | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Pts | Res. | vict | |
1 | 3 | IM | Bela Khotenashvili | 2505 | GEO | * | ½ | 0 | 1 | 1 | ½ | 1 | 0 | 1 | 1 | 1 | 1 | 8 | 0 | 7 |
2 | 6 | GM | Anna Muzychuk | 2585 | SLO | ½ | * | 1 | ½ | ½ | ½ | ½ | 1 | ½ | ½ | 1 | 1 | 7½ | 0 | 4 |
3 | 2 | GM | Tatiana Kosintseva | 2517 | RUS | 1 | 0 | * | ½ | 0 | ½ | 1 | ½ | ½ | 1 | ½ | 1 | 6½ | ½ | 4 |
4 | 1 | GM | Nana Dzagnidze | 2545 | GEO | 0 | ½ | ½ | * | 1 | ½ | 0 | 1 | ½ | ½ | 1 | 1 | 6½ | ½ | 4 |
5 | 10 | WGM | Wenjun Ju | 2544 | CHN | 0 | ½ | 1 | 0 | * | 1 | ½ | ½ | 0 | ½ | 1 | 1 | 6 | 1 | 4 |
6 | 9 | GM | Anna Ushenina | 2491 | UKR | ½ | ½ | ½ | ½ | 0 | * | ½ | 1 | 1 | ½ | ½ | ½ | 6 | 0 | 2 |
7 | 8 | GM | Kateryna Lagno | 2548 | UKR | 0 | ½ | 0 | 1 | ½ | ½ | * | 0 | 1 | ½ | ½ | 1 | 5½ | 0 | 3 |
8 | 11 | GM | Yifan Hou | 2617 | CHN | 1 | 0 | ½ | 0 | ½ | 0 | 1 | * | ½ | 1 | 0 | ½ | 5 | ½ | 3 |
9 | 12 | GM | Alexandra Kosteniuk | 2491 | RUS | 0 | ½ | ½ | ½ | 1 | 0 | 0 | ½ | * | ½ | 1 | ½ | 5 | ½ | 2 |
10 | 5 | GM | Viktorija Cmilyte | 2522 | LTU | 0 | ½ | 0 | ½ | ½ | ½ | ½ | 0 | ½ | * | ½ | 1 | 4½ | 0 | 1 |
11 | 4 | WGM | Tuvshintugs Batchimeg | 2298 | MGL | 0 | 0 | ½ | 0 | 0 | ½ | ½ | 1 | 0 | ½ | * | ½ | 3½ | 0 | 1 |
12 | 7 | WGM | Olga Girya | 2463 | RUS | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | ½ | 0 | ½ | ½ | 0 | ½ | * | 2 | 0 | 0 |
mércores, 8 de maio de 2013
Grand Prix Geneva 2013 (R5) Muzychuk chega ata a cabeza derrotando á Yifan HOu
A número dous do torneo Anna Muzychuk derrotou na cuarta rolda á Yifan Hou, a número un, e deste xeito alcanzou á líder Lahno que empatou con Ushenina. A medio punto das primeiras, con tres en total, están empatadas tres xogadoras: Khotenashvili, T Kosintseva e Wenjun Ju.
martes, 7 de maio de 2013
Grand Prix feminino Geneva 2013 (R4) Lahno ponse líder en solitario
Tras vencer con negras á excampiona mundial Kosteniuk, a ucraniana Kateryna Lahno ponse en solitario na cabeza da proba, sumando 3 puntos en catro partidas. Tras dela con 2,5 están Hou, T. Kosintseva e A. Muzychuk.
Na quinta rolda teremos o enfrontamento a priori máis interesante do torneo, entre Muzychuk e Hou, os elos máis altos do torneo.
3 | IM | Bela Khotenashvili | 2505 | - | GM | Alexandra Kosteniuk | 2491 | 12 |
4 | WGM | Tuvshintugs Batchimeg | 2298 | - | GM | Tatiana Kosintseva | 2517 | 2 |
5 | GM | Viktorija Cmilyte | 2522 | - | GM | Nana Dzagnidze | 2545 | 1 |
6 | GM | Anna Muzychuk | 2585 | - | GM | Yifan Hou | 2617 | 11 |
7 | WGM | Olga Girya | 2463 | - | WGM | Wenjun Ju | 2544 | 10 |
8 | GM | Kateryna Lagno | 2548 | - | GM | Anna Ushenina | 2491 | 9 |
domingo, 5 de maio de 2013
Grand Prix feminino 2013 - Geneva (R3) Tres líderes tras tres partidas
Muzychuk, Lahno e Khotenashvili están a empatar a dous puntos na primeira praza da proba do Grand Prix que está a ter lugar en Geneva (Suiza), tras xogarse as tres primeiras roldas. Con punto e medio están empatadas ata sete xogadoras, entre as que está a campiona mundial Yifan Hou.
mércores, 1 de maio de 2013
Topalov gaña no Grand Prix con punto e medio de vantaxe
Gran actuación do xogador búlgaro Veselin Topalov, que impúxose na proba do Grand Prix disputado na localidade suiza de Zug con 8 puntos. Na segunda praza quedou Nakamura que sumou 6,5. Terceiro rematou Ponomariov empatado a 6 puntos con Caruana que foi cuarto.
sábado, 27 de abril de 2013
Grand Prrix FIDE - Zug (R8) Topalov marcha líder
Na localidade suiza de Zug estase a xogar un torneo desa competición que á que FIDE tenta dar importancia dende fai anos, o Grand Prix, con pouco éxito. Tras oito partidas está na cabeza o búlgaro Topalov, medio punto de vantaxe sobre Ponomariov e un sobre Karjakin e Caruana.
Web oficial.
Web oficial.
xoves, 6 de decembro de 2012
Tres gañadores no Torneo do Grand Prix de Taskent
Os rusos Morozevich e Karjakin xunto co chinés Hao compartiron a primeira praza no Torneo de Taskent, que forma parte do circuito do Grand Prix 2012-2013. Empataron a 6,5 puntos nun torneo moi forte onde o Elo máis baixo era o 2726 de Domínguez.
xoves, 9 de agosto de 2012
- A FIDE da a coñecer os participantes do Grand Prix 2012-13
A FIDE anunciou os xogadores que van tomar parte na seguinte edición do Grand Prix, que parece que vai ser outro fracaso tras renunciar a el Carlsen, Aronian, Kramnik e Anand, os catro xogadores que levan mandando no xadrez dende fai un par de anos. Isto vaille quitar moito do interés que podería ter.
Un dos torneos vai ter lugar en Madrid, a finais de maio do 2013. O resto van ter lugar en capitais europeas, agás o de Tarhkent, que está lonxe dabondo, en Uzbekistán.
FIDE GRAND PRIX | 2012 | 2013 | |||||||
Name | CTY | Criteria | Aug-12 | London | Tashkent | Lisbon | Madrid | Berlin | Paris |
20 Sep - 3 Oct | 21 Nov - 5 Dec | 17 Apr- 1 May | 22 May - 4 Jun | 3 - 17 Jul | 18 Sep - 2 Oct | ||||
Radjabov, Teimour | AZE | Rating | 2788 | 2788 | 2788 | 2788 | 2788 | ||
Karjakin, Sergey | RUS | Rating | 2785 | 2785 | 2785 | 2785 | 2785 | ||
Nakamura, Hikaru | USA | Rating | 2778 | 2778 | 2778 | 2778 | 2778 | ||
Caruana, Fabiano | ITA | Fide President | 2773 | 2773 | 2773 | 2773 | 2773 | ||
Morozevich, Alexander | RUS | AGON | 2770 | 2770 | 2770 | 2770 | 2770 | ||
Ivanchuk, Vassily | UKR | World Cup | 2769 | 2769 | 2769 | 2769 | 2769 | ||
Grischuk, Alexander | RUS | World Cup | 2763 | 2763 | 2763 | 2763 | 2763 | ||
Topalov, Veselin | BUL | Rating | 2752 | 2752 | 2752 | 2752 | 2752 | ||
Svidler, Peter | RUS | World Cup | 2749 | 2749 | 2749 | 2749 | 2749 | ||
Wang, Hao | CHN | AGON | 2726 | 2726 | 2726 | 2726 | 2726 | ||
Gelfand, Boris | ISR | Match | 2738 | 2738 | 2738 | 2738 | 2738 | ||
Gashimov, Vugar | AZE | Rating | 2737 | 2737 | 2737 | 2737 | 2737 | ||
Leko, Peter | HUN | AGON | 2737 | 2737 | 2737 | 2737 | 2737 | ||
Ponomariov, Ruslan | UKR | World Cup | 2734 | 2734 | 2734 | 2734 | 2734 | ||
Mamedyarov, Shakriyar | AZE | Rating | 2729 | 2729 | 2729 | 2729 | 2729 | ||
Dominguez Perez, Leinier | CUB | AGON | 2725 | 2725 | 2725 | 2725 | 2725 | ||
Giri, Anish | NED | AGON | 2711 | 2711 | 2711 | 2711 | 2711 | ||
Kasimdzhanov, Rustam | UZB | AGON | 2684 | 2684 | 2684 | 2684 | 2684 | ||
Average | 2747.1 | 2738.4 | 2740.6 | 2751.7 | 2751.8 | 2746.9 | 2753.3 | ||
Players | 12 | 12 | 12 | 12 | 12 | 12 |
luns, 30 de xullo de 2012
- Yifan Hou gañou a proba do Gran Prix feminino de Jermuk
A campiona do mundo Yifan Hou finalizou a proba con 7 puntos, medio máis que Nadezhda Kosintseva, Katheryna Lahno e Humpy Koneru. Deste xeito mantén o liderato no clasificación global da proba, por diante de Lahno.
venres, 18 de maio de 2012
- A FIDE anuncia o novo Grand Prix
Esperemos que desta vez teña máis sorte que os anteriores. Para iso a FIDE deixa todo nas mans dunha empresa privada, AGON, que como xógase os seus cartos seguramente vai poñer máis interese que os directivos da FIDE. Serán seis torneos dos que cada xogador poderá xogar catro, e terán lugar entre 2012 e 2013.
Non vai poder xogar calquera, e soamente uns cantos axedrecistas poden tomar parte. Poden xogalo Campión e Subcampión mundial, os finalistas da Copa do Mundo, os cinco mellores por Elo da lista oficial, un xogador de máis de 2700 elexido pola FIDE e seis, tamén de máis de 2700 ou excampión mundial, elexidos por AGON.
O calendario será o seguinte, e atención ao cuarto torneo, en Madrid.
2012
Grand Prix Chelyabinsk: 19 de setembro a 3 de outubro
Grand Prix Tashkent: 21 de novembro a 4 de Nadal
2013
Grand Prix Lisboa: 10 de abril a 24 de abril
Grand Prix Madrid: 22 de maio a 4 de xuño
Grand Prix Berlin: 3 de xullo a 17 de xullo
Grand Prix Paris: 18 de setembro a 2 de outubro
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)