Con 5,5 puntos o armenio Aronian e o israelí Gelfand empataron na primeira posición do Memorial Alekhine 2013. A medio punto dos dous rematou o campión mundial Anand.
Amosando publicacións coa etiqueta Memorial Alekhine b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Memorial Alekhine b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 1 de maio de 2013
venres, 26 de abril de 2013
Memorial Alekhine 2013 (R5) Dous franceses na cabeza da táboa
Chegado o primeiro día de descanso no Memorial Alekhine está na cabeza Vachier-Lagrave con 3,5 puntos (+2 =3 -0), e tras del está Fressinet a medio punto (+1 =4 -0). Parece que xogar no Museo do Louvre inspira aos xogadores galos.
Empatados con Fressinet están Gelfand, Aronian e Adams. Co 50% dos puntos atópase Anand, e a continuación Ding, Kramnik e Votiugov con 2 puntos. Pecha Svidler con un. De momento está a ser un torneo arrepiante para os rusos, que ocupan tres das catro derradieras prazas.
mércores, 24 de abril de 2013
Memorial Alekhine 2013 (R4) Aronian, Vachier-Lagrave, Admas e Gelfand na cabeza
Tras catro roldas xogadas tres xogadores mandan na clasificación con dous puntos e medio: o armenio Aronian, o francés Vachier-Lagrave, o israelí Gelfand e o inglés Adams.
Está a ser un torneo movido, proba de elo é que para ser líder soamente hai que ter medio punto máis do 50% e soamente quedan tres xogadores imbatidos dos dez que participan. Na cuarta rolda Aronian derrotou a Svidler, que estando peor cometeu un erro que rematou a partida no momento. O resto das partidas foron táboas.
luns, 22 de abril de 2013
Comezou o Memorial Alekhine
Un dos torneos máis fortes do ano está a ter lugar estes días. Parte vaise xogar en París e outra parte en San Petersburgo. Os escenarios non poden ser mellores: o museo do Louvre en París e o Museo Ruso en San Petersburgo.
Aronian, Kramnik e Anand están á cabeza como favoritos. Na primeira rolda gañaron Kramnik a Vitiugov, Liren a Aronian e Adams a Kramnik, polo que podemos decir que houbo un par de sorpresas, Táboas entre Vachier-Lagrave e Fressinet e entre Svidler e Gelfand. Unha vez máis os rusos fan unha retransmisión do torneo abraiante, en HD e con comentarios en ruso, inglés e francés.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)