Comezou o Campionato de Europa de Xadrez en Erevan, Armenia. Un torneo suizo no que non están ningún dos mellores de Europa de verdade, que preferiron quedarse en casa. Nin Carlsen, nin Aronian, nin Kramnik, nin Caruana, nin Topalov, nin Grischuk... O primeiro da orde de forza e Bacrot, o 19º do mundo e que ten quince europeos por diante na lista. A vantaxe disto e que vai ser un torneo moi aberto e con moitos posibles gañadores.
Participa o GM Iván Salgado como mellor español, e tras dúas roldas leva dous de dous, un bo arranque. Tamén xoga o GM David Antón que fixo 1,5 o que tamén é un bo inicio. O grupo de líderes está comandado por Aleksey Goganov, empatado con vinteoito xogadores.
Web oficial.Participa o GM Iván Salgado como mellor español, e tras dúas roldas leva dous de dous, un bo arranque. Tamén xoga o GM David Antón que fixo 1,5 o que tamén é un bo inicio. O grupo de líderes está comandado por Aleksey Goganov, empatado con vinteoito xogadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario