sábado, 22 de marzo de 2014

Candidatos 2014 (R8) Os líderes empatan e todo segue igual

Foto FIDE
A partida entre os dous líderes foi unha pequena decepción. Anand sacrificou un peón na irregular apertura de Aronian para ter mellor desenvolvemento. Parecía que habería unha partida interesante, pero na xogada 16 decidiron facer táboas por repetición
Unha defensa siciliana de Topalov contra o e4 de Mamedyarov parecía significar unha dura loita no taboleiro, pero de súpeto houbo unha simplificación masiva que levou a un final de torres nulo. Andreikin ca súa eslava neutralizou ben a Kramnik, e sacou un bo empate.
O xogo que faltou nas outras partidas estivo na Svidler - Karjakin. A especie de ataque indio de rei das brancas levounas a sacrificar un peón para tratar de atacar o enroque negro. Karjakin rexeitou o ataque e activou mellor as súas pezas logrando unha iniciativa. Sacrificou calidade e Svidler cometeu un erro xusto despois que levouno a perder o final.
Tras esta rolda Anand e Aronian levan cinco puntos, medio máis que Kramnik que é terceiro. Tras o ruso están todos os demáis con tres e medio, sendo agora Topalov o colista por ter o peor desempate.

Ningún comentario:

Publicar un comentario