venres, 14 de marzo de 2014

Candidatos 2014 (R2) Moita loita e tres líderes

A segunda rolda en Khanty-Masiysk deixou tres encontros decididos e soamente un empate. Tras isto para a terceira partida teremos tres xogadores na cabeza con 1,5 puntos. Faltan aínda doce roldas por xogar así que de momento ninguén está descartado para xogar contra Carlsen.
Foto FIDE
Aronian recuperouse da derrota de onte gañando a Mamedyarov, que perdeu a partida en plena apertura tendo que cambiar dama por torre e cabalo pero quedando con unha posición moi mala.
Topalov na súa partida contra Anand quedou con peón de vantaxe tras a defensa eslava do indio, pero con suficiente contraxogo do subcampión mundial que levou a partida a un final de torres e catro contra tres peóns no mesmo flanco que deu un empate moi axiña quedando soamente os reis no taboleiro.
O segundo máximo favorito por Elo, Kramnik, xogaba contra a eterna promesa Karjakin. O ex-ucraniano aceptou o gambito de dama e a partida discurriu por una liña extraña que deixou vantaxe para Kramnik rematada a apertura. O xogo complicouse tácticamente e Karjakin cometeu erros que afundiron a súa posición e rematou perdendo.
A apertura entre Svidler e Andreikin foi unha siciliana Sveshnikov con c4 das brancas onde apenas rematada a apertura Andreikin meteuse nunha aventura onde pensou gañar con dous fortes peóns centrais pasados e unidos, pero o intercambio táctico rematou con que as brancas obtiveron dous peóns de máis e posición gañadora.
Tras todo isto Anand, Kramnik e Svidler teñen punto e medio, Topalov e Aronian un, e Krjakin, Andreikin e Mamedyarov medio.
Para mañá outra interesante rolda:
Rolda 3       
SNu. NomeFEDRes. NomeFEDSNu.
1GMAndreikin DmitryRUS-GMKarjakin SergeyRUS2
3GMSvidler PeterRUS-GMKramnik VladimirRUS4
8GMTopalov VeselinBUL-GMAronian LevonARM7
5GMMamedyarov ShakhriyarAZE-GMAnand ViswanathanIND6

Ningún comentario:

Publicar un comentario