Grischuk non foi quen de vencer a Svidler na derradeira partida, e este é o novo gañador da Copa do Mundo. Ivanchuk quedou terceiro tras derrotar a Ponomariov.
Amosando publicacións coa etiqueta Copa do Mundo 2011 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Copa do Mundo 2011 b>. Amosar todas as publicacións
luns, 19 de setembro de 2011
domingo, 18 de setembro de 2011
- Copa do Mundo 2011 (Final.3) Svidler un arriba
Tras xogarse tres das catro partidas a ritmo FIDE Peter Svidler leva vantaxe sobre Alexander Grischuk de un punto, polo que este está obrigado a gañar a última partida se quere chegar ao desempate. Na mesma situación está Ponomariov, que perdeu unha partida con Ivanchuk pola loita polo terceiro porto.
mércores, 14 de setembro de 2011
- Copa do Mundo 2011 (Semifinais.D) Grischuk elimina a Ivanchuk
Na cuarta partida rápida Alexander Grischuk botou do torneo a Ivanchuk, que empezou gañando o desempate, pero acabou eliminado. A final será agora ntre os dous rusos, Svidler e Ivanchuk.
martes, 13 de setembro de 2011
- Copa do Mundo 2011 (Semifinais.2) Svidler pasa á final
Con as pezas negras Peter Svidler eliminou a Ruslam Ponomariov e estará na final da copa. Svidler defendeuse con unha defensa Grünfeld. Tras uns cambios quedou con calidade de menos a cambio da parella de bispos e un peón, pero con unha maioría no ala de dama móvil que condenou as brancas á pasividade, e pouco a pouco a situación foi sendo máis insostible ata a derrota.
Na partida entre Grischuk e Ivanchuk a loita foi moi interesante, cando no principio de medio xogo o ruso quedou con dama contra torre e bispo. A dama en principio tiña vantaxe pero o ucraniano montou unha fortaleza imposible de quebrar e firmouse o empate.
luns, 12 de setembro de 2011
- Copa do Mundo 2011 (Semifinais.1) Dous empates
Svidler e Ponomariov acordaron táboas nada máis sair da apertura, con todo por xogarse. A partida entre Grischuk e Ivanchuk rematou un pouco máis tarde, tamén empate, cando ían entrar nunha liña que deixaba unha partida morta.
domingo, 11 de setembro de 2011
- Copa do Mundo 2011 (Cuartos.D) Svidler - Ponomariov e Ivanchuk - Grischuk en semifinais
Ivanchuk eliminou a Radjabov no desempate a rápidas, e o mesmo fixo Grischuk con Navara, finalizando os cuartos de final, e deixando un doble enfrontamento Rusia contra Ucrania nas semifinais. Svidler xogará contra Ponomariov e Grischuk xogará contra Ivanchuk.
Web oficial.
Web oficial.
sábado, 10 de setembro de 2011
- Copa do MUndo 2011 (Cuartos.2) Pasan Svidler e Ponomariov
Xa temos dous xogadores na semifinal. Svidler eliminou a Polgar e Ponomariov a Gashimov. Radjabov conseguiu chegar ao desempate tras vencer a Ivanchuk, e Grischuk e Navara repetiron táboas e tamén xogarán as rápidas.
Web oficial.
Web oficial.
venres, 9 de setembro de 2011
- Copa do Mundo 2011 (Cuartos.1) Ivanchuk gaña a súa partida
A partida Svidler - Polgar rematou en táboas tras 17 xogadas, tras forzar a húngara un xaque continuo. Agora o ruso ten a desvantaxe de levar negras nunha partida que pode ser decisiva.
Ivanchuk enfrentouse ao dragón sicilaiano de Radjabov con un fianchetto do bispo de rei. No medio xogo Ivanchuk empregou un recurso táctico ao que Radjabov respostou con outro, e ao final da combinación o ucraniano quedou con dama contra torre, bispo e peón, pero con mellor xogo de pezas. Para salvar un ataque contra o seu rei o azerí tivo que sacrificar calidade e alí acabou a historia.
Na Grischuk - Navara xogouse unha india de dama na que ninguén tentou crear perigo e acordaron unhas táboas no medio xogo tras chegar as simplificacións.
A india de dama foi tamén a apertura da Ponomariov - Gashimov, na que en plena apertura repetiron posición e acabaron en táboas sen xogar nada. Un espectáculo lamentable.
Web oficial.
Ivanchuk enfrentouse ao dragón sicilaiano de Radjabov con un fianchetto do bispo de rei. No medio xogo Ivanchuk empregou un recurso táctico ao que Radjabov respostou con outro, e ao final da combinación o ucraniano quedou con dama contra torre, bispo e peón, pero con mellor xogo de pezas. Para salvar un ataque contra o seu rei o azerí tivo que sacrificar calidade e alí acabou a historia.
Na Grischuk - Navara xogouse unha india de dama na que ninguén tentou crear perigo e acordaron unhas táboas no medio xogo tras chegar as simplificacións.
A india de dama foi tamén a apertura da Ponomariov - Gashimov, na que en plena apertura repetiron posición e acabaron en táboas sen xogar nada. Un espectáculo lamentable.
Web oficial.
xoves, 8 de setembro de 2011
- Copa do Mundo 2011 (Oitavos.D) Pasaron os favoritos
Algúns con máis apuros que outros, pero podería dicirse que avanzaron aos cuartos de final os favoritos de cada eliminatoria, que comezarán mañá cos oito supervivintes.
Polgar pasouno mal para botar fora a Domínguez, tendo que gañar con negras a sexta partida, a ritmo blitz. Ivanchuk botou a Bu nas semirrápidas. Navara foi o que pasou máis cómodo gañando 2-0 a Zherebuhk. Ponomariov tamén tivo que chegar a última de blitz para eliminar a Bruzón. Gashimov agotou as rápidas diante de Nielsen, e Grischuk pasou na primeira rolda de semirrápidas diante de Potkin. Nos encontros máis parellos pasaron Radjabov e Svidler diante de Jakovenko e Kamsky.
Os cuartos de final van ser moi interesantes, e soamente Grischuk parece favorito claro:
· Polgar - Svidler
· Ponomariov - Gashimov
· Ivanchuk - Radjabov
· Navara - Grischuk
mércores, 7 de setembro de 2011
- Copa do Mundo 2011 (Oitavos.1) Moito sangue na primeira partida
Soamente Ivanchuk con Bu e Bruzón con Ponomariov fixeron táboas. No resto de encontros houbo decisión.
Na segunda partida moitos poderían xa quedar fóra, polo que teremos louita a morte.
Web oficial.
Na segunda partida moitos poderían xa quedar fóra, polo que teremos louita a morte.
| Nome | G1 | G2 | R1 | R2 | r3 | r4 | B1 | B2 | SD | Tot |
| Round 4 Match 01 | ||||||||||
| Polgar, Judit (HUN) | 0 | 0.0 | ||||||||
| Dominguez Perez, Leinier (CUB) | 1 | 1 | ||||||||
| Round 4 Match 02 | ||||||||||
| Bu, Xiangzhi (CHN) | ½ | 0.5 | ||||||||
| Ivanchuk, Vassily (UKR) | ½ | 0.5 | ||||||||
| Round 4 Match 03 | ||||||||||
| Zherebukh, Yaroslav (UKR) | 0 | 0.0 | ||||||||
| Navara, David (CZE) | 1 | 1 | ||||||||
| Round 4 Match 04 | ||||||||||
| Bruzon Batista, Lazaro (CUB) | ½ | 0.5 | ||||||||
| Ponomariov, Ruslan (UKR) | ½ | 0.5 | ||||||||
| Round 4 Match 05 | ||||||||||
| Gashimov, Vugar (AZE) | 1 | 1.0 | ||||||||
| Nielsen, Peter Heine (DEN) | 0 | 0 | ||||||||
| Round 4 Match 06 | ||||||||||
| Potkin, Vladimir (RUS) | 1 | 1.0 | ||||||||
| Grischuk, Alexander (RUS) | 0 | 0 | ||||||||
| Round 4 Match 07 | ||||||||||
| Radjabov, Teimour (AZE) | 1 | 1.0 | ||||||||
| Jakovenko, Dmitry (RUS) | 0 | 0 | ||||||||
| Round 4 Match 08 | ||||||||||
| Svidler, Peter (RUS) | 1 | 1.0 | ||||||||
| Kamsky, Gata (USA) | 0 | 0 | ||||||||
Web oficial.
luns, 5 de setembro de 2011
- Copa do Mundo 2011 (3D) Xa temos aos xogadoes dos oitavos de final
Algunhas sorpresas na terceira rolda desta copa. O cabeza de serie número 1 do torneo Karjakin está fóra, aínda que sendo Judith Polgar quen o botou tampouco é un resultado tan improbable. O número 2, Ivanchuk, foi quen de recuperarse da derrota na primeira partida e pasar nas rápidas. Mamedyarov, que era o terceiro xogador máis forte que quedaba tamén está fora, a mans de Zherebukh, o 94. Este resultado si foi unha gran sorpresa. No encontro máis interesante, entre Girschuk e Morozevich, o primeiro foi o que acadou o pase. Os dos mestres cubanos que quedaban, Bruzón e Domínguez, tamén pasaron a seguinte eliminatoria.
Chegamos aos oitavos de final, que terán osseguintes enfrontamentos:
- Polgar- Domínguez
- Kamsky -Svidler
- Ponomariov - Bruzón
- Gashimov - Nielsen
- Ivanchuk - Bu
- Radjabov - Jakovenko
- Zherebuhk - Navara
- Grischuk - Potkin
sábado, 3 de setembro de 2011
- Copa do Mundo 2011 (3.1) Comezan os enfrontamentos máis duros
Xa hai cruces entre primeiras filas, e tamén as primeiras vitorias é derrotas. Dos 128 que empezaron soamente quedan 32 e xa hai moitos encontros se favoritos claros.
O número 1, Karjakin, está a un paso da eliminación, tras ser superado pola húngara Judith Polgar. Polgar, con brancas, obtivo unha grande vantaxe na defensa aberta na apertura española do ruso, antes ucraniano, que pasou a un esquema típico da variante berlinesa. Gañou un peón no ala de dama, que co apoio das súas pezas obrigou ao rei de Karjakin a afastarse do ala de rei, desapareceron as pezas e o final de peóns nin se xogou.
Tamén perdeu o número 2, Ivanchuk, diante de Sutovsky. O israelí conseguiu liar a Ivanchuk no medio xogo e meteu un peón en sétima apoiado que decidiu a partida.
Gañaron os seus encontros os rusos Grischuk e Jakovenko, o americano Kamsky e o cubano Domínguez. O resto das partidas foron táboas.
venres, 2 de setembro de 2011
- Copa do Mundo 2011 (2.D) Vallejo eliminado
Os tres xogadores españois xa están de camiño a casa. Vallejo perdeu no desempate contra Lázaro Bruzón, empatando con brancas e perdendo con negras.
Nos desempates desta segunda rolda o eliminado máis ilustre foi o inglés Michael Adams (21), que perdeu con dinamarqués Peter Heine Nielsen (44). Outro dos de arriba, o francés Vachier-Lagrave (15) tamén foi eliminado, polo chino Xiangzhi Bu (50)
xoves, 1 de setembro de 2011
- Copa do Mundo 2011 (2.2) Vallejo chega ao desempate e Shirov cae eliminado
Francisco Vallejo (13) conseguiu a vitoria na segunda partida con Bruzón (52), acadando o empate no minimatch a ritmo FIDE, forzando o desempate. Shirov (22) perdeu outra vez con Potkin (43) e quedou eliminado.
Vallejo levaba as pezas negras. Tiña que ganar e xogou a defensa siciliana, na que Bruzón escolleu a liña con 3.Bb5+ que non é moi agresiva, pero é segura para as brancas. Vallejo igualou moi rápido e a partida transcurriu sen perigo para os reis rivais con cambios de pezas. Nun momento dado o cubano dixou ao seu cabalo na columna h un pouco lonxe do xogo, e Vallejo obtivo un peón de vantaxe grazas a maior actividade das súas pezas. Un truco táctico eliminou as torres do taboleiro e deixou un final de cabalos con un peón pasado e afastado de Vallejo decisivo.
Alexei Shirov tiña que gañar e tivo que xogar contra a defensa francesa do ruso Potkin. Cambiou calidade por dous peóns tratando de lograr unha posición moi aguda, na que a súa baza era un peón pasado, avanzado e apoiado no centro. Pero o ruso contratacou con moita enerxía, e de súpeto o rei de Shirov atopouse unha rede de mate e o español tivo que abandonar.
Dos favoritos xa están na terceira rolda Ivanchuk (2), Gashimov (5), Radjabov (7) e Kamsky (8). Os eliminados máis ilustres son Movsesian (32), eliminado por Judith Polgar (33), e Zoltan Almasi (12), a maior sorpresa, caendo diante do rumano Mircea-Emilian Parligras (76). A maior sorpresa de momento é a presenza na terceira rolda do indio Gupta (82), que deixou fora a Mamedov (47) na primeira rolda e a Shankland (111) na segunda, que viña de eliminar a Leko.
Mañá Vallejo xogara o deempate. En caso de pasar de rolda o seu rival sería o vietnamita Le Quang (20), que ven de eliminar a Grachev (45).
Web oficial.
Web oficial.
mércores, 31 de agosto de 2011
- Copa do Mundo 2011 (2.1) Shirov e Vallejo perden e están obrigados a gañar a segunda partida
Mal día para os representantes españois. Dúas derrotas que os deixan ao borde do abismo.
Vallejo con brancas foi derrotado por Lázaro Bruzón. Despois de levar toda a iniciativa e ter un xogo moito mellor deu contraxogo e acabou perdendo de forma inexplicable.
Shirov xogaba con negras diante de Potkin, e foi esmagado nunha defensa eslava na que deixou o seu rei sen apoio das súas pezas, que remataron descoordinadas no ala de dama. O seu enroque sufriu un ataque arrepiante, perdendo moi rápido.
Dos máis coñecidos Ivanchuk e Gashimov gañaron, e Almasi meteuse en problemas perdendo.
martes, 30 de agosto de 2011
- Copa do Mundo 2011 (1.D) Vallejo pasa a seguinte rolda
Francisco Vallejo derrotou a Jorge Cori 1,5 - 0,5 no desempate e pasa a segunda rolda onde estará cos 64 mellores. O seu rival será o cubano Bruzón, que ven de dorrotar ao tamén cubano Quesada.
Pola sua parte Shirov terá diante ao actual campión de Europa Potkin, que pasou vencendo a Shulman.
Nos 32º de final o número 1 Karkajin vai ter unha dura proba diante do perigoso filipino Wesley So. Outro enfrontamento moi duro vai ser o Polgar - Movsesian. A segunda rolda será mañá mércores as 15 hora española.
luns, 29 de agosto de 2011
- Copa do Mundo 2011 (1.2) Iván Salgado eliminado. Shirov pasa e Vallejo irá aos desempates
O GM Iván Salgado foi eliminado na primeira rolda da Copa do Mundo, que estase a xogar en Khanty-Mansiyks, na Siberia. Estaba obrigado a gañar a Ernesto Inarkiev a segunda partida do match e soamente acadou táboas. Iván xogou de forma moi agresiva contra a defensa eslava do ruso pero non acadou nada importante e chegouse a un final de torres que pasou despois a damas no que o ruso forzou un xaque contínuo.
Alexei Shirov empatou levando as negras con Manuel León Hoyos e pasou a segunda rolda por 1,5 a 0,5. As táboas eran boas para Shirov, pero a pesar diso decidiu xogar de xeito arriscado, sacrificando material por ataque. O resultado foi que o mexicano quedou con cabalo por dous peóns, e tras as simplificacións foron as brancas as que forzaron o empate.
Vallejo deu un trspés perdendo con brancas co peruano Cori. O español estaba mellor pero deixouse liar e deu contraxogo ao seu rival ata quedar con un final perdido. Terá que buscar o pase no desempate.
En canto ao torneo en xeral a maior sorpresa foron as eliminacións de Peter Leko e Wang Hao. A campiona do mundo feminina Yifan Hou quedou tamén fóra. Algóns ilustres como Morozevich ou Bacrot terán que xogar o desempate para acceder a seguinte rolda.
A retransmisión na páxina oficial está a ser excelente, funcionando ben os visores e con imaxes e comentarios en directo.
- Copa do Mundo 2011 (1.1) Gañan Vallejo e Shirov. Perde Iván Salgado
O galego Iván Salgado está obrigado a gañar a Inarkiev na partida de hoxe se non quere quedar eliminado tras perder con negras onte. A Vallejo e Shirov as táboas bastaríanlles para pasar a segunda rolda.
venres, 26 de agosto de 2011
- Copa do Mundo 2011 - Dous días para o inicio
O día 28 as 13:00 hora de España comezarán as primeiras partidas da Copa do Mundo de 2011. Faltan os máis importantes, pero teremos a grandes xogadores: Karjakin, Ivanchuck, Mamedyarov, Ponomariov, Gashimov, Grischuck, Radjabov, Kamsky... O sistema é de eliminatorias con dúas partidas a ritmo FIDE, e en caso de empate desempate a rápidas e se continúa a blitz.
Recordemos que haberá tres españois, entre eles o GM Iván Salgado. Os seus enfrontamentos serán, na primeira eliminatoria os seguintes:
· Vallejo - Cori. En caso de pasar Vallejo xogaria contra o gañador do Quesada - Bruzón.
· Shirov - León Hoyos. En caso de pasar Shirov iria contra o gañador do Potkin - Shulman.
· Salgado - Inarkiev. En caso de pasar Salgado iria contra o gañador do Moiseenko - Esen.
sábado, 23 de xullo de 2011
- Copa do Mundo 2011. Emparellamentos dos españois na primeira rolda
Xa son públicos os enfrontamentos da primeira rolda da copa do mundo que vai comezar o día 26 de agosto. Podense consultar todos os emparellamentos neste enlace.
Paco Vallejo vai ter que xogar co xove prodixio peruano Jorge Cori. O español é favorito cos seus 2724 contra os 2514, e moita experiencia de diferenza. Debería pasar sen problemas.
Alexei Shirov (2714) ten tamén un xogador de habla hispana como rival. O mexicano León Hoyos (2548) parece tamén un rival asequible para un experimentado Shirov que ten chegado moi lonxe neste tipo de probas.
O galego Iván Salgado cos seus 2626 puntos elo terá o rival máis complicado dos españois. O ruso Ernesto Inarkiev (2679) é favorito diante do xadrecista ourensán, pero no mes de novembro no Maxistral de Barcelona fixeron táboas e o galego sacoulle un punto na xeral, así que xa veremos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)