Francisco Vallejo (13) conseguiu a vitoria na segunda partida con Bruzón (52), acadando o empate no minimatch a ritmo FIDE, forzando o desempate. Shirov (22) perdeu outra vez con Potkin (43) e quedou eliminado.
Vallejo levaba as pezas negras. Tiña que ganar e xogou a defensa siciliana, na que Bruzón escolleu a liña con 3.Bb5+ que non é moi agresiva, pero é segura para as brancas. Vallejo igualou moi rápido e a partida transcurriu sen perigo para os reis rivais con cambios de pezas. Nun momento dado o cubano dixou ao seu cabalo na columna h un pouco lonxe do xogo, e Vallejo obtivo un peón de vantaxe grazas a maior actividade das súas pezas. Un truco táctico eliminou as torres do taboleiro e deixou un final de cabalos con un peón pasado e afastado de Vallejo decisivo.
Alexei Shirov tiña que gañar e tivo que xogar contra a defensa francesa do ruso Potkin. Cambiou calidade por dous peóns tratando de lograr unha posición moi aguda, na que a súa baza era un peón pasado, avanzado e apoiado no centro. Pero o ruso contratacou con moita enerxía, e de súpeto o rei de Shirov atopouse unha rede de mate e o español tivo que abandonar.
Dos favoritos xa están na terceira rolda Ivanchuk (2), Gashimov (5), Radjabov (7) e Kamsky (8). Os eliminados máis ilustres son Movsesian (32), eliminado por Judith Polgar (33), e Zoltan Almasi (12), a maior sorpresa, caendo diante do rumano Mircea-Emilian Parligras (76). A maior sorpresa de momento é a presenza na terceira rolda do indio Gupta (82), que deixou fora a Mamedov (47) na primeira rolda e a Shankland (111) na segunda, que viña de eliminar a Leko.
Mañá Vallejo xogara o deempate. En caso de pasar de rolda o seu rival sería o vietnamita Le Quang (20), que ven de eliminar a Grachev (45).
Web oficial.
Web oficial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario