mércores, 21 de setembro de 2011

- Campionato de Europa da Xuventude 2011 (Final) Bronce para David Antón

Remataron os Europeos da Xuventude deste ano, e David Antón Guijarro acadou unha medalla de bronce para España na categoría Sub16 masculina, a medio punto do gañador e empatado co segundo clasificado con 7 puntos. Foi a única medalla para España, pero tamén houbo algúns postos de honra entre os dez primeiros. Angel Arribas rematou na sexta praza en categoría Sub18 masculina e Laura Collado na novena na feminina. Amalia Aranaz finalizou con 7 puntos empatada con outras catro xogadoras no grupo de cabeza da categoría Sub16 feminina, pero polo desempate quedou a quinta. Na categoría masculina desta idade Jaime Santos foi o sétimo na táboa final. Na categoría Sub10 feminina houbo outra quinta praza, a de Andrea Jausas.
Os galegos Mireya Represa e Alberto Portela fixeron 5 puntos cada un, rematando no posto 33 e 56 de cadansúa categoría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario