luns, 29 de agosto de 2011

- Copa do Mundo 2011 (1.2) Iván Salgado eliminado. Shirov pasa e Vallejo irá aos desempates


O GM Iván Salgado foi eliminado na primeira rolda da Copa do Mundo, que estase a xogar en Khanty-Mansiyks, na Siberia. Estaba obrigado a gañar a Ernesto Inarkiev a segunda partida do match e soamente acadou táboas. Iván xogou de forma moi agresiva contra a defensa eslava do ruso pero non acadou nada importante e chegouse a un final de torres que pasou despois a damas no que o ruso forzou un xaque contínuo.
Alexei Shirov empatou levando as negras con Manuel León Hoyos e pasou a segunda rolda por 1,5 a 0,5. As táboas eran boas para Shirov, pero a pesar diso decidiu xogar de xeito arriscado, sacrificando material por ataque. O resultado foi que o mexicano quedou con cabalo por dous peóns, e tras as simplificacións foron as brancas as que forzaron o empate.
Vallejo deu un trspés perdendo con brancas co peruano Cori. O español estaba mellor pero deixouse liar e deu contraxogo ao seu rival ata quedar con un final perdido. Terá que buscar o pase no desempate.
En canto ao torneo en xeral a maior sorpresa foron as eliminacións de Peter Leko e Wang Hao. A campiona do mundo feminina Yifan Hou quedou tamén fóra. Algóns ilustres como Morozevich ou Bacrot terán que xogar o desempate para acceder a seguinte rolda.
A retransmisión na páxina oficial está a ser excelente, funcionando ben os visores e con imaxes e comentarios en directo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario