As primeiras táboas do xogador galego chegaron nesta cuarta rolda. O único xogador que leva pleno no torneo, o MI italiano Rombladoni será o seu rival na quinta partida, na que levará pezas negras. Chama a atención que o número 1 do torneo, Matlakov, leva 2,5 puntos e está no posto 42. Outros xogadores importantes tamén están a deixarse puntos con relativa facilidade nesta primeira parte do torneo. De todolos xeitos, un torneo a 13 roldas é unha dura proba de resistencia, e queda moito por verse.
A páxina oficial segue a ser un desastre en canto a retransmisións, e en canto a resultdos simplesmente enlaza con ChessResults.
Ningún comentario:
Publicar un comentario