xoves, 7 de xuño de 2012

- Memorial Tal 2012. Morozevich gañou o Torneo de Rápidas

Antes de comenzar o torneo "oficial" tivo lugar un torneo de rápidas entre os xogadores que van tomar parte no principal. A retransmisión en HD era moi boa, pero os comentarios en ruso pois non eran fácilmente comprensibles para o resto do mundo...
Na primeira parte do torneo Carlsen e Morozevich estiveron sempre por diante, con Grischuk moi cerca. Kramnik e Caruana non estaban a ter o día e non daban puntuado. Un dos momentos importantes deuse na partida que enfrontou a ambos líderes. Carlsen tiña vantaxe chegando a parte final do medio xogo, pero de súpeto Morozevich despertouno reclamando bandeira. Isto a falta de dúas partidas deixaba ao ruso moi ben colocado para levarse o torneo, imbatido e con medio punto de vantaxe sobre Grischuk ao que gañara roldas antes.
Pero chegou Aronian, que non estaba a facer gran cousa no torneo e derrotouno na penúltima rolda. Carlsen vencía a Grischuk, polo que a falta dunha partida o noruegués e o ruso estaban na cabeza con 5,5. Radjabov e Grischuk mantiñan as opcións a medio punto. Na derradeira partida os dous líderes gañaron e por Sonnen Morozevich levou a primeira praza. Carlsen quedou segundo, Radjabov terceiro e Grischuk cuarto. Pecharon Kramnik con 2,5 e Caruana con 2.

Ningún comentario:

Publicar un comentario