O estadounidense Nakamura rematou o Open de Gibraltar 2016 con 8 puntos, empatado co francés Vachier-Lagrave. No desempate Nakamura alzouse ca primeira plaza. Tras deles seis xogadores empataron con 7, 5 puntos. A destacar a actuación de Anand, que deixouse 21 puntos de elo.
Amosando publicacións coa etiqueta Open de Gibraltar b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Open de Gibraltar b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 7 de febreiro de 2016
xoves, 5 de febreiro de 2015
Nakamura gaña o Open de Gibraltar
O americano Hikaru Nakamura foi o gañador do Open de Gibraltar, tras facer 8,5 puntos en 10 roldas. Na segunda praza quedou o inglés David Howell a medio punto, e medio por diante dun grupo de oito xogadores que quedaron empatados con 7,5: a campiona mundial feminina Yifan Hou, Vitiugov, Topalov, o MI alemán Wagner, Adhiban, Harikrishna. Bachmann e Malakov.
Os mellores dos españoi foron Iván Salgado e David Antón, os dous con seis puntos. Aparte do torneo "grande" había pequenos "opens" para amateurs, e a destacar ao MF Luis Javier Sánchez, que gañou o Challenger "A".
luns, 26 de xaneiro de 2015
Comeza o Open de Gibraltar
Comezou o Open de Gibraltar, un dos máis fortes do ano, con Topalov, Nakamura e Svidler como cabezas de serie. Dos españois xoga Salgado, Antín Guijarro e Renier Vázquez como máis destacados. Os premios son máis que bos, levando o primeiro, por exemplo, 20.000 libras.
Os 30 primeiros do ranking:
1 | GM | Topalov Veselin | 2900084 | BUL | 2800 |
2 | GM | Nakamura Hikaru | 2016192 | USA | 2776 |
3 | GM | Svidler Peter | 4102142 | RUS | 2739 |
4 | GM | Vitiugov Nikita | 4152956 | RUS | 2735 |
5 | GM | Jakovenko Dmitry | 4122356 | RUS | 2733 |
6 | GM | Yu Yangyi | 8603820 | CHN | 2724 |
7 | GM | Harikrishna P. | 5007003 | IND | 2723 |
8 | GM | Rapport Richard | 738590 | HUN | 2716 |
9 | GM | Matlakov Maxim | 4168003 | RUS | 2695 |
10 | GM | Cheparinov Ivan | 2905540 | BUL | 2681 |
11 | GM | Rodshtein Maxim | 2806851 | ISR | 2680 |
12 | GM | Wei Yi | 8603405 | CHN | 2675 |
13 | GM | Hou Yifan | 8602980 | CHN | 2673 |
14 | GM | Jones Gawain C B | 409561 | ENG | 2671 |
15 | GM | Howell David W L | 410608 | ENG | 2670 |
16 | GM | Motylev Alexander | 4121830 | RUS | 2665 |
17 | GM | Iturrizaga Bonelli Eduardo | 3901211 | VEN | 2649 |
18 | GM | Edouard Romain | 633429 | FRA | 2638 |
19 | GM | Sutovsky Emil | 2802007 | ISR | 2637 |
20 | GM | Bartel Mateusz | 1112635 | POL | 2631 |
21 | GM | Adhiban B. | 5018471 | IND | 2630 |
22 | GM | Bachmann Axel | 3700488 | PAR | 2629 |
23 | GM | Salgado Lopez Ivan | 2257327 | ESP | 2628 |
24 | GM | Agdestein Simen | 1500015 | NOR | 2626 |
25 | GM | Sethuraman S.P. | 5021596 | IND | 2624 |
26 | GM | Naroditsky Daniel | 2026961 | USA | 2622 |
27 | GM | Anton Guijarro David | 2285525 | ESP | 2617 |
28 | GM | Lenderman Aleksandr | 2021285 | USA | 2614 |
29 | GM | Bologan Viktor | 13900048 | MDA | 2608 |
30 | GM | Salem A.R. Saleh | 9301348 | UAE | 2603 |
venres, 7 de febreiro de 2014
Cheparinov gaña o Open de Gibraltar 2014
O Open de Gibraltar 2014 rematou con tres xogadores na cabeza empatados a 8 puntos: Cheparinov, Ivanchuk e Vitiugov. O búlgaro foi que levouse o desempate final, quedando Vitiugov segundo e Ivanchuk terceiro. Tras deles un grupo de xogadores a medio punto, no que Vachier-Lagrave obtivo a cuarta praza e a quinto foi para Li Chao. O primeiro español foi Iván Salgado con sete puntos no posto 21.
mércores, 29 de xaneiro de 2014
Open de Gibraltar 2014
Estase a xogar o Open de Gibraltar un ano máis, con moitos titulados. Na parte máis alta da orde de forza Adams, Vachier-Lagrave, Ivanchuk, Vitiugov, Eljanov e Tomashevsky. Este ano participan unha chea de españois, con Francisco Vallejo, Iván Salgado e David Antón cos Elos máis altos.
domingo, 3 de febreiro de 2013
Open de Gibraltar 2013 (Final)
Salgado na novena rolda |
Nikita Vitiugov foi o gañador do Open de Gibraltar tras impoñerse nas partidas blitz de desempate a Nigel Short. Previamente eliminara a Sandipan e Short a Vachier-Lagrave nas semifinais do play-off para desempatar.
Tras os xogadores que quedaron na cabeza estivo o grupo dos 7,5 puntos. Na quinta praza rematou Navara, seguido de Ivanchuk, Kamsky, Yangyi Yu, Iván Salgado, Fridman e Zhao. Gran actuación do galego que ocupou a novena praza partindo do posto vinteun.
Con un punto menos remataron Juan Carlos Ibarra, David Lariño e Renier Vázquez.
Web oficial.
Web oficial.
xoves, 31 de xaneiro de 2013
Open Gibraltar 2013 (R10) Vitiugov, Vachier-Lagrave, Sandipan e Short xogarán o desempate
Tras a rolda matinal que facía a décima catro xogadores remataron empatados a 8 puntos na cabeza. As regras impoñen desempate pola tarde, no que estarán Vitiugov, Vachier-Lagrave, Sandipan e Short.
mércores, 30 de xaneiro de 2013
Gibraltar 2013 (R9) Short, Vitiugov e Vacheir-Lagrave chegan empatados na cabeza para a derradeira rolda
Tres xogadores contarán cas máximas opcións de gañar o torneo con 7,5 puntos: Short, Vitiugov e Vachier-Lagrave. Tras deles a medio puntos con 7 estarán con opcións tamén Ivanchuk, Adams, Navara, Sandipan, Zhao e Georgiev. Por detrás un amplo pelotón de xogadores con 6,5 puntos esperando chegar ao máis arriba que poidan, entre eles Iván Salgado, Juan Carlos Ibarra e Renier Vázquez.
martes, 29 de xaneiro de 2013
Gibraltar 2013 (R8) Short e Vitiugov empatados na cabeza
O gañador da edición pasada Nigel Short e Nikita Vitiugov son os líderes do Open de Gibraltar 2013 con 7 puntos tras xogarse oito das dez roldas das que consta o torneo. Tras deles con 6,5 están Kamsky, Yu Yangyi e Vachier-Lagrave. Con 6 puntos hai un bo grupo de xogadores entre os que está o GM Iván Salgado e o MI Juan Carlos Ibarra. O MI David Lariño perdeu esta rolda e seue con 5 puntos.
Gibraltar 2013 (R7) Táboas de Salgado con Navara e derrota de Lariño ante Short
Sorte dispar para os dous galegos que están a xogar o Open de Gibraltar. Salgado tivo vantaxe toda a partida contra Navara, pero a súa calidade de máis non era suficiente para romper a fortaleza do checo. Lariño non tivo un bo día, e o excandidato ao título mundial de Kasparov gañoulle unha peza e a partida.
Na cabeza Le Quang fixo unhas táboas rápidas con Ivanchuk, o mesmo resultado que na partida Adams - Tchakiev que tivo algo máis de xogo, aunque no momento das táboas había moito que xogar. Jones e Shirov tamén empataron, pero tras cambiar case todas as pezas.
A partida que enfrontaba a dous xogadores do grupo de cabeza foi unha dura loita na que a catalana de Vitiugov apretou a Georgiev gañando un peón, pero o búlgaro conseguiu organizar unha boa defensa grazas a ter bispo por cabalo e todos os peóns no mesmo flanco. Sen embargo o ruso apretou ata gañar.
Na oitava rolda Salgado levará brancas na cuarta mesa contra Adams, e Lariño negras na decimosegunda contra Ehlvest.
Na oitava rolda Salgado levará brancas na cuarta mesa contra Adams, e Lariño negras na decimosegunda contra Ehlvest.
luns, 28 de xaneiro de 2013
Gibraltar 2013 (R6) Os galegos Salgado e Lariño entre os mellores
Salgado en Gibraltar |
Tras xogarse seis partidas do primeiro open importante do ano figuran na cabeza o vietnamita Le Quang, o ruso Vitiugov e o búlgaro Georgiev con 5,5 puntos.
Tras deles un gran grupo con 5 puntos entre os que están os galegos GM Salgado e o MI Lariño, este último á caza de puntos elo para que a FIDE poida darlle o título superior. Tamén están nese grupo dos que levan cinco Adams, Navara, Iturrizaga, G. Jones, Ivanchuk, Kamsky, Tkachiev, Shirov e Short. Case nada...
Na sétima rolda os galegos, como era de esperar, teñen partidas moi complicadas: Salgado - Navara e Short - Lariño. Poderemos seguilas na web oficial.
venres, 25 de xaneiro de 2013
Open de Gibraltar 2013
O primeiro open forte do ano está a ter lugar en Gibraltar. Moitos GM presentes e de momento moitos xogadores con todos os puntos tras tres roldas. Boa retransmisión en directo con comentarios.
Está a xogar o GM galego Iván Salgado, que parte no posto 21 do ranking inicial entre dúas lendas dos 80 e 90, Yusupov e Elvest. De momento as cousas vanlle moi ven con 3 de 3. Na cuarta contra Le Quang Liem vai ter unha difícil partida.
xoves, 2 de febreiro de 2012
- Open de Gibraltar (Final) Nigel Short campión no desempate
Nigel Short empatou a sú partida da derradeira rolda, e con iso empatou a 8 puntos na cabeza con Yifan Hou, polo que os dous xogadores tiñan que desempatar a rápidas. Short gañou a primeira e aceptou táboas na segunda nunha posición con vantaxe, e deste xeito levouse o Open de Gibraltar. A campiona mundial empatou a décima partida con Mamedyarov, o que aseguráballe xogar o desempate, deixando sen opcións ao azerí. Bologan e Admas tamén fixeron táboas e quedaron fóra da loita polo título. O torneo foi moi duro, e xogadores que ao comezar figuraban como candidatos remataron moi atrás, como Vachier-Lagrave, que era o 12º do ranking e rematou no posto 53, ou Shirov que era 7º e finalizou no posto 25.
O mellor español do torneo foi finalmente o GM Alexis Cabrera, que gañou a última partida, o que permitiulle acabar no grupo dos sete puntos no posto 23. Salvador Del Río rematou con seis puntos, igual que Aloma.
A partida decisiva foi a rápida que Short gañou a Hou:
Os 30 primeiros da xeral, que non ten en conta o desempate:
Resultados en ChessResults.
Web oficial.
O mellor español do torneo foi finalmente o GM Alexis Cabrera, que gañou a última partida, o que permitiulle acabar no grupo dos sete puntos no posto 23. Salvador Del Río rematou con seis puntos, igual que Aloma.
A partida decisiva foi a rápida que Short gañou a Hou:
Rk. | Name | FED | Rtg | Pts. | TB1 | |
1 | GM | Hou Yifan | CHN | 2605 | 8.0 | 2872.0 |
2 | GM | Short Nigel D | ENG | 2677 | 8.0 | 2838.0 |
3 | GM | Adams Michael | ENG | 2724 | 7.5 | 2807.0 |
4 | GM | Mamedyarov Shakhriyar | AZE | 2747 | 7.5 | 2783.0 |
5 | GM | Bologan Viktor | MDA | 2680 | 7.5 | 2734.0 |
6 | GM | Sutovsky Emil | ISR | 2703 | 7.5 | 2669.0 |
7 | GM | Le Quang Liem | VIE | 2714 | 7.0 | 2733.0 |
8 | GM | Almasi Zoltan | HUN | 2717 | 7.0 | 2730.0 |
9 | GM | Howell David W L | ENG | 2603 | 7.0 | 2725.0 |
10 | GM | Sasikiran Krishnan | IND | 2700 | 7.0 | 2717.0 |
11 | GM | Movsesian Sergei | ARM | 2700 | 7.0 | 2711.0 |
12 | GM | Svidler Peter | RUS | 2749 | 7.0 | 2700.0 |
13 | GM | Negi Parimarjan | IND | 2641 | 7.0 | 2694.0 |
14 | GM | Polgar Judit | HUN | 2710 | 7.0 | 2693.0 |
15 | GM | Laznicka Viktor | CZE | 2704 | 7.0 | 2681.0 |
16 | GM | Fridman Daniel | GER | 2660 | 7.0 | 2632.0 |
17 | GM | Gustafsson Jan | GER | 2643 | 7.0 | 2628.0 |
18 | GM | Jussupow Artur | GER | 2569 | 7.0 | 2625.0 |
19 | GM | Salem A R Saleh | UAE | 2505 | 7.0 | 2621.0 |
20 | GM | Berg Emanuel | SWE | 2550 | 7.0 | 2603.0 |
21 | GM | Sargissian Gabriel | ARM | 2683 | 7.0 | 2594.0 |
22 | GM | Kanep Meelis | EST | 2509 | 7.0 | 2556.0 |
23 | GM | Cabrera Alexis | ESP | 2504 | 7.0 | 2544.0 |
24 | GM | Gopal G N | IND | 2566 | 6.5 | 2647.0 |
25 | GM | Shirov Alexei | LAT | 2710 | 6.5 | 2629.0 |
26 | GM | Brunello Sabino | ITA | 2581 | 6.5 | 2617.0 |
27 | GM | Kulaots Kaido | EST | 2581 | 6.5 | 2604.0 |
28 | GM | Erdos Viktor | HUN | 2634 | 6.5 | 2601.0 |
29 | GM | Zhu Chen | QAT | 2472 | 6.5 | 2598.0 |
30 | GM | Cramling Pia | SWE | 2491 | 6.5 | 2591.0 |
Resultados en ChessResults.
Web oficial.
- Open de Gibraltar (R9) Hou aumenta a vantaxe
Tras derrotar a Shirov a campiona mundial feminina Yifan Hou lidera o torneo con 7,5 puntos, medio máis que Adams, Mamedyarov, Short, Sasikiran, e Bologan. Polos españois Del Río e Cabrera con 6 puntos son os mellores. Na rolda de hoxe Hou con brancas enfrontarase a Mamedyarov, Bologan xogará contra Adams e Sasikiran contra Short. Eses son os que teñen máis opcións na rolda final.
mércores, 1 de febreiro de 2012
- Open de Gibraltar 2012 (R8) Yifan Hou primeira tras oito partidas
Yifan Hou - Foto da web oficial. |
A campiona do mundo marcha na cabeza da clasificación tras a súa vitoria de onte, empatada a puntos con Michael Adams. Tras deles catorce xogadores con seis puntos a medio punto dos dous primeiros. Hoxe teremos nas dúas primeiras mesas os encontros Almasi - Adams e Shirov - Hou. O mellor español clasificado segue a ser Salvador Del Río.
martes, 31 de xaneiro de 2012
- Open de Gibraltar (R7) Adams líder en solitario
O GM inglés Michael Adams marcha con 6 puntos na cabeza do torneo. Tras del ten ata dez xogadores a medio punto. O mellor español está a ser Salvador Del Río, que con 5 puntos que está no posto 28 da táboa. Os enforntamentos más importantes da rolda oitava serán os seguintes:
Web oficial.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)