xoves, 2 de febreiro de 2012

- Open de Gibraltar (Final) Nigel Short campión no desempate

Nigel Short empatou a sú partida da derradeira rolda, e con iso empatou a 8 puntos na cabeza con Yifan Hou, polo que os dous xogadores tiñan que desempatar a rápidas. Short gañou a primeira e aceptou táboas na segunda nunha posición con vantaxe, e deste xeito levouse o Open de Gibraltar. A campiona mundial empatou a décima partida con Mamedyarov, o que aseguráballe xogar o desempate, deixando sen opcións ao azerí. Bologan e Admas tamén fixeron táboas e quedaron fóra da loita polo título. O torneo foi moi duro, e xogadores que ao comezar figuraban como candidatos remataron moi atrás, como Vachier-Lagrave, que era o  12º do ranking e rematou no posto 53, ou Shirov que era 7º e finalizou no posto 25.
O mellor español do torneo foi finalmente o GM Alexis Cabrera, que gañou a última partida, o que permitiulle acabar no grupo dos sete puntos no posto 23. Salvador Del Río rematou con seis puntos, igual que Aloma.
A partida decisiva foi a rápida que Short gañou a Hou:
Os 30 primeiros da xeral, que non ten en conta o desempate:

Rk.NameFEDRtgPts. TB1 
1GMHou YifanCHN26058.02872.0
2GMShort Nigel DENG26778.02838.0
3GMAdams MichaelENG27247.52807.0
4GMMamedyarov ShakhriyarAZE27477.52783.0
5GMBologan ViktorMDA26807.52734.0
6GMSutovsky EmilISR27037.52669.0
7GMLe Quang LiemVIE27147.02733.0
8GMAlmasi ZoltanHUN27177.02730.0
9GMHowell David W LENG26037.02725.0
10GMSasikiran KrishnanIND27007.02717.0
11GMMovsesian SergeiARM27007.02711.0
12GMSvidler PeterRUS27497.02700.0
13GMNegi ParimarjanIND26417.02694.0
14GMPolgar JuditHUN27107.02693.0
15GMLaznicka ViktorCZE27047.02681.0
16GMFridman DanielGER26607.02632.0
17GMGustafsson JanGER26437.02628.0
18GMJussupow ArturGER25697.02625.0
19GMSalem A R SalehUAE25057.02621.0
20GMBerg EmanuelSWE25507.02603.0
21GMSargissian GabrielARM26837.02594.0
22GMKanep MeelisEST25097.02556.0
23GMCabrera AlexisESP25047.02544.0
24GMGopal G NIND25666.52647.0
25GMShirov AlexeiLAT27106.52629.0
26GMBrunello SabinoITA25816.52617.0
27GMKulaots KaidoEST25816.52604.0
28GMErdos ViktorHUN26346.52601.0
29GMZhu ChenQAT24726.52598.0
30GMCramling PiaSWE24916.52591.0

Resultados en ChessResults.
Web oficial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario