domingo, 19 de febreiro de 2012

- Copa ACP feminina (R5) Muzychuk na cabeza (atracando un final)

Tras xogarse cinco das once roldas do torneo Anna Muzychuk leva 4,5 puntos de 5, medio de vantaxe sobre Kateryna Lahno e Pia Cramling, que con catro comparten a segunda praza. Pecha a clasificación Zeinab Mamedyarova que con cinco derrotas ainda está a espera de puntuar. A líder eslovena tivo a sorte do seu lado nun final de táboas que gañou grazas aos apuros de tempo da rival.

Ningún comentario:

Publicar un comentario