sábado, 11 de febreiro de 2012

- Open Aeroflot 2012 (R5) Grupo de líderes con catro puntos

O empate de Korobov, o actual líder, fixo posible que os perseguidores que estaban a medio punto puidesen alcanzalo. Aproveitaron a súa oportunidade Rodsthein e Melkumyan, polo que agora tres son os que comandan a proba. 
En canto aos españois Alsina anotouse a súa segunda vitoria consecutiva. Contra o MI Shyam (2462), tras unha apertura pouco regular aproveitouse das debilidades dos peóns brancos no final para gañar un final no que parecía que a parella de bispos branca debía ser mellor. Pola contra, Vallejo perdeu outra vez, desta vez contra Zherebukh (2594). No inicio do medio xogo non se sabe se sacrificou peza ou perdeuna sen máis, pero o certo e que a compensación en forma de peóns non chegou a nada e perdeu a partida. Iván Salgado con negras tiña un rival dos experimentados, Eljanov (2690), que con brancas conseguiu una boa iniciativa, presionando en ambos flancos, o que permitiulle no final primeiro gañar un peón e logo sacrificar calidade para facer valer a forza dos seus peóns pasados gañando a partida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario