Amosando publicacións coa etiqueta Aeroflot. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aeroflot. Amosar todas as publicacións

xoves, 10 de marzo de 2016

Open Aeroflot 2016 - O ruso Evgeniy Najer gañador

Un dos torneos abertos máis fortes do ano, xogado en Moscú, foi para un xogador do país, o GM Najer, que rematou empatado co israelí Boris Gelfand. Ambolosdous fixeron 6,5 puntos pero o desempate favoreceu ao ruso.
O polaco Bartez foi terceiro encabezando o grupo de oito perseguidores a medio punto da cabeza. O español Vallejo partía como o oitavo cabeza de serie, pero soamente acadou o posto trinta. Tampouco foille moito mellor a David Antón, que partía no posto 21º e rematou no 64º.

luns, 18 de febreiro de 2013

Karjakin gaña o Open Aeroflot

Este ano o Aeroflot foi un experimento de xadrez rápido, con un sistema de xogo por eliminatorias moi confuso. Na final Karjakin gañou no Armagedon a Grischuk.
Web oficial (non paga a pena mirar, é arrepiante).

xoves, 16 de febreiro de 2012

- Open Aeroflot (Final) Bartel foi o gañador grazas ao desempate

En todas as partidas nas que os xogadores tiñan oportunidade de rematar ca máxima puntuación posible houbo loita, pero ao final todas remataron en táboas, polo que Korobov, Eljanov e Bartel con seis puntos e medio empataron na primeira praza. O desempate favoreceu ao polaco Bartel, sendo segundo Korobov e terceiro Eljanov. Tras deles a medio punto Khalifman, Rodstein, Caruana e Melkumyan.
Os españois remataron de xeito diferente. Iván Salgado gañou ao GM Jumabaev (2573) e con iso finalizou en cinco puntos un pouco por riba do medio da táboa. Alsina fixo táboas nun difícil final contra Sandipan (2628) para finalizar o torneo en catro puntos, os mesmos que Vallejo, que tras perder con Esen (2534) quedouse nesa cifra pola parte media baixa da táboa, moi lonxe do posto no que partía no ranking inicial.
Web oficial.

mércores, 15 de febreiro de 2012

- Open Aeroflot (R9) Korobov, Bartel e Eljanov os mellor colocados para gañar

Con 6 puntos os GM Korobov, Bartel e Eljanov son os xogadores que comparten a cabeza para a derradeira rolda do torneo. Os dous primeiros xogarán entre eles, e Eljanov contra o Andreikin. Andreikin, Melkumyan, Khalifman e Caruana teñen 5,5 e poderían ter algunhas opcións. Os españois Salgado e Vallejo con catro puntos e Alsina con tres non teñen opcións de nada.
Web oficial.

domingo, 12 de febreiro de 2012

- Open Aeroflot (R6) Korobov líder en solitario

O ucraniano Korobov (2660) é o novo líder do Open Aeroflot, tras vencer ao israelí Rodshtein (2634), sendo o único xogador que ten cinco puntos. Tres xogadores marchan no grupo perseguidor a medio punto: Eljanov (2690), Bartel (2658) e Caruana (2736). Ningún dos españois foi quen de gañar. Táboas de Salgado (2618) e Vallejo (2705) e derrota de Alsina (2535).

sábado, 11 de febreiro de 2012

- Open Aeroflot 2012 (R5) Grupo de líderes con catro puntos

O empate de Korobov, o actual líder, fixo posible que os perseguidores que estaban a medio punto puidesen alcanzalo. Aproveitaron a súa oportunidade Rodsthein e Melkumyan, polo que agora tres son os que comandan a proba. 
En canto aos españois Alsina anotouse a súa segunda vitoria consecutiva. Contra o MI Shyam (2462), tras unha apertura pouco regular aproveitouse das debilidades dos peóns brancos no final para gañar un final no que parecía que a parella de bispos branca debía ser mellor. Pola contra, Vallejo perdeu outra vez, desta vez contra Zherebukh (2594). No inicio do medio xogo non se sabe se sacrificou peza ou perdeuna sen máis, pero o certo e que a compensación en forma de peóns non chegou a nada e perdeu a partida. Iván Salgado con negras tiña un rival dos experimentados, Eljanov (2690), que con brancas conseguiu una boa iniciativa, presionando en ambos flancos, o que permitiulle no final primeiro gañar un peón e logo sacrificar calidade para facer valer a forza dos seus peóns pasados gañando a partida.

venres, 10 de febreiro de 2012

- Open Aeroflot 2012 (R4) Korobov líder con 3,5 de 4

O GM ucraniano Korobov (2660) venceu a Fabio Caruana (2736) e deste xeito suma 3,5 puntos. Os empates do resto de xogadores que levaban 2,5 fan que sexa o líder en solitario. Vallejo foi derrotado levando as pezas brancas na súa partida contra Sokolov (2641). Tras xogar unha apertura escocesa o español lanzouse ao ataque contra o rei do holandés, pero foi rexeitado e con material de menos tivo que renderse. Iván Salgado tivo que loitar contra a defensa siciliana do Ghaem Maghami (2570), que sacrificou primeiro peón e logo calidade para ter a iniciativa, pero despois xogou impreciso e acabou perdendo a partida. A primeira vitoria de Alsina chegou esta rolda tras vencer á GMF Paikidze (2411)
Web oficial.

xoves, 9 de febreiro de 2012

- Open Aeroflot 2012 (R3) Xa non quedan xogadores co 100%

Soamente tres roldas e todos os xogadores cederon algún medio punto polo menos. As estratexias a longo prazo están a ofrecer partidas decepcionantes. Na partida da primeira mesa unhas penosas táboas en 17 xogadas entre Alekseev e Rodshtein. Na terceira mesa outras táboas de GM entre Gupta e Vallejo... E así unhas cantas máis. Sorte que non todos fixeron o mesmo e tamén houbo boas partidas que non fagan fuxir aos patrocinadores.
Dos españois o empate de Vallejo co GM indio Gupta (2652) foi un simulacro de partida, pero deixao con dous puntos de tres preto da cabeza e mantendo todas as opción de levarse o torneo. Alsina perdeu con Zherebukh (2594) tras unha apertura dudosa. Sacrificou despois calidade para ter contraxogo, pero o ucraniano simplificou a posición e chegaron a un final sen opcións para Alsina. Iván Salgado herdou o rival de Alsina da rolda anterior, o GM Balogh (2665), levando negras o galego. A partida foi unha española na que as brancas xogaron d3, que derivou nunha posición moi pechada. De súpeto o xogo derivou nunha serie de golpes tácticos que simplificou a posición, pero cando parecía que a cousa calmábase Iván cambiou o cabalo por dous peóns, chegando a un final de dama e cinco peóns contra dama, cabalo e dous peóns. O xogo do galego non foi preciso e as brancas activaron o cabalo e remataron gañando.
A partida de Salgado: 

mércores, 8 de febreiro de 2012

- Open Aeroflot 2012 (R2) Gaña Vallejo, empata Salgado e perde Alsina

Tras rematar esta rolda soamente teñen dous puntos Khismatullin, Gupta, Alekseev, Zhigalko e Rodshtein. Ningún deles é dos primeiros do ranking, dos que a maior parte leva un e medio, ainda que algúns soamente conseguiron sumar un.
A actuación dos españois deixou de todo. O galego Salgado tiña as brancas diante dun duro rival, o ruso Korobov (2660). Contra a siciliana empregou un sistema pechado, co bispo de rei fianchetado. Korobov rexeitou unhas táboas por repetición a cedeu calidade para ter a iniciativa. Ao final o ruso recuperou a calidade e a partida rematou en táboas. Vallejo xogaba con brancas diante do GM ruso Ponkratov (2611), que defendeuse ca francesa. A variante empregada polo ruso foi un desastres que permitiu ao español montar un ataque terrible que rematou a partida moi axiña. Alsina levaba blancas contra outro GM moi forte, o húngaro Balogh (2665). Sacrificou un peón na apertura pero non obtivo nada por el, e a posición foi a peor ata que dixouse material decisivo.
A partida de Vallejo:

Web oficial.

martes, 7 de febreiro de 2012

- Open Aeroflot 2012 (R1) Gañou Salgado e empataron Vallejo e Alsina

Nun torneo tan forte, con xogadores de tanto nivel, non se pode falar de sorpresas, polo que non ver a todos os da cabeza gañando a primeira partida dun aberto, raro na maioría dos open do mundo, non é nada fóra do normal nesta proba. 
Os españois tiveron resultados relativamente bos. Vallejo fixo táboas con negras contra Popov (2599), e Alsina tamén fixo o mesmo con negras contra Negi (2641). Ningunha das partidas tivo loita, e parece que os catro xogadores prefiren unha estratexia de ir de abaixo hacia arriba no torneo. Iván Salgado comezou ben, con unha vitoria con negras diante do MI Shyam (2462)
Unha partida divertida foi a seguinte:

luns, 6 de febreiro de 2012

- Vai comezar o Open máis forte do ano: Aeroflot

Rematou o Open de Gibraltar e a atención do xadrez viaxa ata Moscú, onde vai ter lugar o open máis forte do ano, o Aeroflot. En Gibraltar tiñamos un maior número de xogadores por riba de 2700, pero en Moscú no grupo A non podes ter menos de 2549 para xogar, e 77 xogadores van tomar parte nel. O grupo B vai de 2500 a 2300 con 116 xogadores, e no C, para xogadores por debaixo de 2300, 115.
Varios xogadores españois van probar sorte: Alasina, Vallejo e o galego Iván Salgado no grupo A. No grupo C estará Santiago Escandell.