domingo, 1 de xullo de 2012

- Lista Elo FIDE de xullo. Aumenta a distancia de Carlsen con Aronian

Os dez puntos de vantaxe que tiña Carlsen na pasada lista sobre Aronian semellaban unha distancia que o armenio podería chegar a reducir e quitarlle o número un ao noruegués, pero nestes dous meses o primeiro fixo +2 e o segundo -15. Desta forma o novo record persoal de Magnus Carlsen consolida o seu primeiro posto. Kramnik mantén a terceira praza, pero perdendo os 2800. O máis destacado da lista é a cuarta posición de Radjabov, que está a progresar moito no último ano, deixando na quinta ao campión mundial. Anand segue a ser o campión, pero os números din que está nun mal momento. Con 2780 retrocede a niveis do ano 2004. O resto de xogadores do Top-10 nesta ocasión non variaron nin nos seus compoñentes nin a súa orde. Dos españois Vallejo gaña dúas posicións, aínda que por baixada doutros, porque el non xogou partida. Na clasificación feminina o máis importante é que Anna Muzychuk ocupa agora a terceira praza en lugar de Koneru.

Ningún comentario:

Publicar un comentario