Amosando publicacións coa etiqueta Wijk Aan Zee. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Wijk Aan Zee. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de febreiro de 2016

Magnus Carlsen gaña o Tata Steel Chess 2016


Facendo 9 puntos dos 14 posibles o campión mundial de xadrez Magnus Carlsen foi o gañador do primeiro torneo importante do ano, o Tata Steel Chess xogado na localidade holandesa de Wijk Aan Zee. Tras el quedaron empatados dous xogadores, Fabiano Caruana e Ding Liren, que fixeron 8 puntos. Con 7 puntos remataron Wesley So, Anish Giri e Pavel Eljanov.


martes, 26 de xaneiro de 2016

Tata Steel Chess 2016 (R9) Carlsen máis líder

Tras gañar a Adams na novena rolda Magnus Carlsen suma 6,5 puntos e encabeza a táboa do torneo en Wijk Aan Zee. Tras del está Caruana con un punto menos, e despois catro xogadores empatan a un e medio do líder.

sábado, 23 de xaneiro de 2016

Tata Steel Chess 2016 (R7) Caruana e Carlsen na cabeza á metade do torneo.

Magnus Carlsen e Fabiano Caruana comparten a cabeza do Tata Steel Chess 2016 tras xogarse sete das trece partidas das que consta a competición, os dous con 5 puntos. Tras deles, a un punto, estan Wesley So, Ding Lireng e Anish Giri.

sábado, 16 de xaneiro de 2016

Comenzou en Wijk Aan Zee o Tata Steel Chess 2016

O primeiro torneo importante do ano, o Tata Steel Chess, púxose en marcha en Holanda, con Carlsen como favorito, seguido de Giri, Caruana e Wesley So.
Na primeira rolda táboas entre Carlsen e Navara, igual que na partida entre Yi Wei e Tomashevski. Wesley So deu conta de Giri, o mesmo que Caruana de Eljanov. Yifan Hou e Karjakin empataron, o mesmo que Mamedyarov e Van Wely. Ding Lireng derrotou a Adams.

domingo, 25 de xaneiro de 2015

Tata Chess 2015 (Final) Magnus Carlsen gaña e catro xogadores empatan na segunda praza

O campión mundial Carlsen levouse o clásico de Wijk Aan Zei, o Tata Steel Chess, facendo nove puntos sobre os trece posibles. Tras del catro xogadores empataron con medio punto menos: Vachier-Lagrave, Giri, So e Ding.
No torneo "B" o gañador foi o chinés Wei, con dez puntos e medio. A medio punto quedou Navara e a un do checo quedou o americano Shankland.

venres, 23 de xaneiro de 2015

Tata Steel Chess (R11) Wesley So achégase a Carlsen

Tras a xornada de hoxe Magnus Carlsen segue de líder do torneo con 8 puntos, seguido por Wesley So, que hoxe recortou medio punto tras gañar a Saric. Con 7 están Giri, Vachier-Lagrave e Ding.

domingo, 18 de xaneiro de 2015

Tata Steel Chess 2015 (R8) Outra vitoria de Carlsen o deixa líder en solitario

Magnus Carlsen tras gañar a Jobaba levando negras é o novo líder en solitario do torneo tras a derrota de Ivanchuk. Nun final de damas de súpeto o campión mundial montou unha rede de mate decisiva que deulle o punto, polo que con seis sobre oito mantén a primeira praza. O outro líder Ivanchuk xogaba contra o segundo clasificado, Wesley So. Xogaron unha liña da española parecida ao gambito Marshall, onde So sacrificou unha peza contra o enroque branco e a continuación de Ivanchuk non foi a acertada para saír dos problemas tácticos e tivo que abandonar na xogada 26ª.
Vachier-Lagrave, que tamén estaba a medio punto da cabeza, deu boa conta de Giri nunha posición onde as pezas do francés coordináronse perfectamente para obter vantaxe decisiva pouco despois de iniciarse o medio xogo e chegar a un final gañado. Liren Ding derrotu a Ivan Saric tras gañarlle unha peza nunha combinación no medio xogo tras unha defensa eslava. So, Ding e Vachier-Lagrave quedan a medio punto de Carlsen con cinco puntos e medio.
Caruana con negras conseguiu vencer a Van Wely nun final de damas onde tiña tres peóns de vantaxe, tras conseguir esquivar a serie de xaques do holandés. Radajabov gañou a Wojtaszek montando unha rede de mate nun final de peóns, con unha torre e bispos de distinta cor. Hou e Aronian empataron nunha partida onde a campiona do mundo tivo másis oportunidades de gañar, pero non acertou.
Mañá é día de lecer para os xogadores, e as partidas estarán de volta o martes.

sábado, 17 de xaneiro de 2015

Tata Steel Chess 2015 (R7) Carlsen chega ata a cabeza tras gañar a cuarta partida seguida

Nesta rolda tiñamos un enfrontamento entre os dous campións mundiais actuais, e nel Magnus Carlsen conseguiu derrotar a Yifan Hou. A partida chegou a unha situación complicada e con apuros de tempo para os dous xogadores. A iniciativa era do noruegués, que estaba algo máis apurado, pero a xogadora chinesa non acertou nunha xogada e a súa posición pasou de apurada a perdida.
O colista Jobaba por fin gañou, e foi a quen era ata agora o heroe do torneo tras gañar a Carlsen e Caruana, Wojtaszek. Outro gañador da xornada foi Vachier-Lagrave que con negras conseguiu superar ao croata Saric. Aronian e Caruana fixeron táboas, o mesmo que So e Radjabov.
O líder Ivanchuk chegou a un final contra Giri onde o holandés tiña dama e dous peóns contra un e a dama do ucraniano, pero a situación dos tres peón en soamente dúas columnas daban boas posibilidades de defensa a Ivanchuk, e as táboas chegaron na xogada 102. Na partida entre Ding e Van Weely o chinés acadou un final con dous peóns de vantaxe, onde o holandés con bispo e torre contra cabalo e torre defendeuse todo o que pudo, pero acabou perdendo.
Tras esta rolda os líderes do torneo son Ivanchuk e Carlsen con 5 puntos, seguidos de Vachier-Lagrave, So e Ding a medio punto.

venres, 16 de xaneiro de 2015

Tata Steel Chess 2015 (R6) Ivanchuk líder con Carlsen, Wojtaszek e So a medio punto

A sexta rolda deixounos un empate de Ivanchuk que permíte ao ucraniano manter a primeira praza con 4,5 puntos. Dos seus perseguidores Lireng Ding perdeu co francés Vachier-Lagrave, e Wojtaszek non pasou do empate ca campiona mundial Yifan Hou. No encontro máis agardado do torneo Carlsen con negras derrotou a Caruana, encadeando tres vitorias seguidas, e deste xeito suma catro puntos e entra no grupo dos perseguidores do líder. A ese grupo sumouse o americano antes filipino Wesley So tras derrotar a Jobava, que leva medio punto e é colista destacado. Aronian vai penúltimo e segue sen recuperar a forma.
Xunto ao torneo Masters estase a xogar o Challengers, onde o chinés Yi Wei encabeza a táboa empatado con Navara.

xoves, 15 de xaneiro de 2015

Tata Steel Chess 2015 (R5) Ivanchuk mantén a cabeza

Tras facer táboas con o que era o segundo clasificado, o chinés Lireng Ding, o ucraniano Ivanchuk segue de líder do torneo con 4 puntos, sendo 3,5 os que ten Ding. Empatado co xogador da China está o polaco Wojtaszek, que tras gañar o outro día a o número un do mundo, Carlsen, hoxe o fixo co número dous, Caruana. Con 3 puntos están Caruana, Carlsen tras gañar a Aronian, e Giri que derrotou a Jobava.
Os resultados da rolda:
Vachier-Lagrave - Van Wely: 0,5 - 0-5
Ding - Ivanchuk: 0,5 - 0-5
Saric - Radjabov: 0 - 1
Giri - Jobava: 1 - 0
So - Hou: 0,5 - 0-5
Wojtaszek - Caruana: 1 - 0
Carlsen - Aronian: 1 - 0  
Na sexta rolda o encontro máis interesante é o Caruana - Carlsen. Ivanchuk defenderá o liderato contra Saric.

martes, 13 de xaneiro de 2015

Tata Steel Chess 2015 (R4) Ivanchuk líder con 3,5 sobre 4

O ucraniano Ivanchuk está nunha desas rachas boas que alterna con outras nefastas, e iso fai que estea na cabeza do torneo con 3,5 puntos, medio por diante de Caruana e Ding, que levan 3. O favorito do torneo, Carlsen, soamente leva a metade dos puntos, e aínda peor vaille a Aronian, outro dos que tiñan que loitar polo torneo, que leva 1,5.

sábado, 10 de xaneiro de 2015

Tata Steel Chess 2015 (R1) Tres líderes

Ivanchuk, Vassier-Lagrave e Caruana son os primeiros líderes do torneo tras vencer na primeira rolda a Jobava, Hou e Ding. As outras catro partidas foron empates con loita.
Os resultados completos:
Radjabov, T. - Van Wely, L.  ½-½
Ivanchuk, V. - Jobava, B.1-0
Vachier-Lagrave, M. - Hou, Y.1-0
Ding, L. - Caruana, F. 0-1
Saric, I. - Aronian, L. ½-½
Giri, A. - Carlsen, M. ½-½
So, W. - Wojtaszek, R. ½-½

xoves, 8 de xaneiro de 2015

O dez de xaneiro comeza o Tata Steel Chess 2015

Un ano máis o festival holandés de xadrez vai ter lugar en Wijk Aan Zee. Catorce xogadores toman parte do torneo principal, con Carlsen, Caruana, Aronian, Giri e Wesley So como cabezas de serie.

luns, 27 de xaneiro de 2014

Aronian gaña o Tata Steel Chess 2014

O clásico de Wijk Aan Zee foi nesta edición para o armenio Levon Aronian, que deuse un agradable paseo por Holanda e gañou o torneo sumando 8 puntos, un e medio máis que o segundo a pesares de perder a derradeira partida. A segunda praza foi para o holandés Anish Giri e a terceira para o ruso Sergei Karjakin. A decepción foi Nakamura que con 5 puntos non deu batalla ao gañador.

domingo, 19 de xaneiro de 2014

Wijk Aan Zee 2014 (R6) Aronian lider con 5 de 6

Estase a xogar o Tata Steel Chess de 2014. O número 2 do mundo, o armenio Aronian, domina o torneo con +4 =1 -0, e ten un punto de vantaxe sobre o local Giri e o ruso Karjakin, que levan catro puntos. Pachan a táboa o israelí Gelfand con 1,5 e o alemán Naiditsch con 1.

martes, 5 de febreiro de 2013

Analise de partidas polo GM Daniel King para ChessBase do Tata Steel 2013

Enlazamos uns cantos vídeos con interesantes analises de partidas xogadas neste torneo. Moi recomendable a partida Aronian - Anand, tal vez a mellor do que levamos de século.









domingo, 27 de xaneiro de 2013

Tata Steel Chess (Final) Magnus Carlsen gaña en Wijk Aan Zee

A derradeira partida de Carlsen foi un trámite
Con 10 puntos sobre 13 e xogando a 2930 Magnus Carlsen foi o claro gañador do Tata Steel Chess 2013. Por detrás del, a medio PUNTO Aronian, e logo Anand e Karjakin que sumaron 8 puntos. Pecharon a táboa Caruana con 5 puntos e deixándose 25 de Elo, L'Ami con 4 e Sokolov con 3.
No grupo B Naiditsch e Rapport empataron na cabeza con 9 puntos, deixando detrás, a medio de distancia a Movsesian e Smeets. Pechou con 3,5 Ernst.
No grupo C o gañador foi Brunello, que gañou a derradeira partida mentres Peralta facía unhas rápidas táboas, correndo o risco de non quedar na cabeza como así aconteceu.

sábado, 26 de xaneiro de 2013

Tata Steel Chess (R12) A Carlsen sóbralle a derradeira partida para gañar o torneo

Magnus Carlsen xa é o gañador do torneo tras esnaquizar a Nakamura na rolda 13ª, para sumar así 9,5 puntos e sacarlle un e medio aos seus perseguidores, Anand e Aronian. Aronian empatou con Giri sen facer nada por tratar de gañar e apretar o torneo. Anand tivo que remontar contra L'Ami, que atacou o enroque do campión mundial pero non acertou, a partida deu a volta e quedou nun final gañador para Anand. Segue sen levantar cabeza Caruana, a cinco puntos do líder.
No grupo B os líderes a cousa vai estar sen decidir ata que acaben as partidas da última rolda, con varios xogadores con opcións: Rapport, Movsesian e Naiditsch teñen 7,5 puntos, a e medio deles está Smeets. Non xogan entre eles, así que todo pode pasar.
No grupo C o título estará entre  o arxentino Peralta e o italiano Brunello, que con 10 puntos deixan a dous e medio aos seus rivais. A partida de Brunello en principio é máis doada, pero nunca se sabe.

xoves, 24 de xaneiro de 2013

Tata Steel Chess (R10) Carlsen segue imparable

Con 8 sobre 10 e xogando a 2954 o número un do mundo parece sentenciar o torneo. Carlsen saca punto e medio a Anand, Aronian e Nakamura e a falta de tres roldas soamente terá que xogar con americano. O calendario de Anand é o menos difícil do dos catro, pero parece difícil que alguéu poña en perigo a vitoria do noruegués.

domingo, 20 de xaneiro de 2013

Tata Steel Chess (R8) Carlsen líder

Un clásico, Jan Timman
No grupo A un dos líderes, Anand, fixo táboas rápidas con Sokolov, o que permitiu ao holandés deixar de ser o colista e a Anand chegar aos 5,5 puntos. O outro líder, Magnus Carlsen, deu moitas voltas a unha partida igualada contra un dos xogadores que tiña a medio puntos, Karjakin, ata chegar a un final onde o ruso perdeu a rumbo e rematou perdendo, polo que o noruegués é líder en solitario con 6 puntos.
O outro perseguidor, Nakamura, salvou medio punto nun final perdido contra van Wely. Aronian tras a súa vitoria de hoxe suma 5 puntos igual que o americano.
No grupo B hai na cabeza tres xogadores empatados: Rapport, Movsesian e o veterano Timman, os tres con 5,5. A medio punto deles encóntrase Naiditsch..
No C o torneo parece cousa de dous, Peralta e Brunello que con 6,5 sacan un ao seu perseguidor, Klein.