Magnus Carlsen xa é o gañador do torneo tras esnaquizar a Nakamura na rolda 13ª, para sumar así 9,5 puntos e sacarlle un e medio aos seus perseguidores, Anand e Aronian. Aronian empatou con Giri sen facer nada por tratar de gañar e apretar o torneo. Anand tivo que remontar contra L'Ami, que atacou o enroque do campión mundial pero non acertou, a partida deu a volta e quedou nun final gañador para Anand. Segue sen levantar cabeza Caruana, a cinco puntos do líder.
No grupo B os líderes a cousa vai estar sen decidir ata que acaben as partidas da última rolda, con varios xogadores con opcións: Rapport, Movsesian e Naiditsch teñen 7,5 puntos, a e medio deles está Smeets. Non xogan entre eles, así que todo pode pasar.
No grupo C o título estará entre o arxentino Peralta e o italiano Brunello, que con 10 puntos deixan a dous e medio aos seus rivais. A partida de Brunello en principio é máis doada, pero nunca se sabe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario