Nesta rolda tiñamos un enfrontamento entre os dous campións mundiais actuais, e nel Magnus Carlsen conseguiu derrotar a Yifan Hou. A partida chegou a unha situación complicada e con apuros de tempo para os dous xogadores. A iniciativa era do noruegués, que estaba algo máis apurado, pero a xogadora chinesa non acertou nunha xogada e a súa posición pasou de apurada a perdida.
O colista Jobaba por fin gañou, e foi a quen era ata agora o heroe do torneo tras gañar a Carlsen e Caruana, Wojtaszek. Outro gañador da xornada foi Vachier-Lagrave que con negras conseguiu superar ao croata Saric. Aronian e Caruana fixeron táboas, o mesmo que So e Radjabov.
O líder Ivanchuk chegou a un final contra Giri onde o holandés tiña dama e dous peóns contra un e a dama do ucraniano, pero a situación dos tres peón en soamente dúas columnas daban boas posibilidades de defensa a Ivanchuk, e as táboas chegaron na xogada 102. Na partida entre Ding e Van Weely o chinés acadou un final con dous peóns de vantaxe, onde o holandés con bispo e torre contra cabalo e torre defendeuse todo o que pudo, pero acabou perdendo.
Tras esta rolda os líderes do torneo son Ivanchuk e Carlsen con 5 puntos, seguidos de Vachier-Lagrave, So e Ding a medio punto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario