O ano comeza con Carlsen na primeira praza, con 2862. Tras del está Caruana, que afastouse do noruegués e anda agora polos 2820. O ruso que parece que nunca está a facer nada, Grischuk, é o terceiro con 2810, e o excampión mundial Topalov esta preto da que foi a súa mellor marca alcanzando os 2800. Anand é o seguinte, con 2797, que é o mesmo elo de Aronian, que non voltou a recuperar o 800 dende que os perdese fai meses. O holandés Giri ten 2784 e está un punto por riba do ruso Kramnik. Na novena praza está Nakamura con 2776 e pecha o Top-10 Wesley So, que pasou de xogar por Filipinas a facelo por USA e así seguir sumando unha nova estrela ao xadrez americano nacida lonxe de alí.
Na lista de rápidas o primeiro é Caruana con 2855 sacando un puntiño a Carlsen. Na de blitz o estratosférico 2948 de Carlsen fai que teña que forzar a vista para ver ao segundo, que é Nakamura con 2883.
O primeiro español segue a ser Vallejo, que segue por riba do 700 con 2716 e ocupa o posto 41º do mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario