mércores, 27 de marzo de 2013

Candidatos 2013 (R10) Gañan os de arriba con Carlsen facendo unha obra de arte

Na décima rolda gañaron os tres de arriba, polo que sen lugar a dúbidas o gañador sairá de entre un deles. O resto están afastados e algúns parece que xa non o van tentar.
O líder cando comenzou a xornada era Carlsen, que tiña diante a un Gelfand que estaba subindo no torneo tras arrancar mal. O noruegués empregou outra vez a Rossolimo contra a siciliana, colleu a iniciativa  para mellorar pouco a pouco a súa posición ata gañar un peón.  O israelí tentou recuperarse, pero asistimos a unha lección maxistral de transformación de vantaxes dun tipo en outro e ao final, como case sempre, punto para Carlsen.


Aronian, o segundo da táboa a medio punto, xogaba con brancas e tiña diante a un Ivanchuk que segue a usar variantes raras en aperturas secundarias. A partida derivou nun intercambio de golpes tácticos con todo a piques de saltar polo aire, e o primeiro en non acertar foi o ucraniano, dando a vitoria a Aronian que mantivo a diferenza con Kramnik por abaixo e Carlsen por arriba.
Kramnik sacou de paseo a Berlinesa contra Grischuk, igualando doadamente a iniciativa que teñen as brancas polo dereito a mover primeiro. Ca partida nivelada Grischuk tivo un erro calculando nunha posición morta, estivo apurado de tempo dende a apertura, e entrou nun final de peóns perdido que Kramnik rematou sen atranco algún.

Radjabov e Svidler deron por finalizado o torneo, grave no caso do ruso, facendo unha partida de trámite para que non se poida decir que non xogaron. Táboas en menos de 20 xogadas e a pasear por Londres.

Na seguinte rolda teremos as seguintes partidas:
SNo.NameRtgRes.NameRtgSNo.
6GMGrischuk Alexander2764-GMCarlsen Magnus28728
5GMKramnik Vladimir2810-GMRadjabov Teimour27937
4GMSvidler Peter2747-GMAronian Levon28091
3GMIvanchuk Vassily2757-GMGelfand Boris27402

Ningún comentario:

Publicar un comentario