Parece que o retador de Anand será ou Carlsen ou Aronian. Tras seis roldas están empatados con +3 =3 -0, sacando punto e medio a Kramnik e Svidler que son os seguintes e levan o 50% dos puntos.
Carlsen con negras derrotou a Svidler na apertura española, logrando unha pequena vantaxe que foi incrementando ata que o ruso errou e deixouse unha peza.
Tamén con negras e nunha española Aronian derrotou a Radjabov. O azerí montou un ataque contra o rei do armenio, que o rexeitou sen atrancos. Depois pasou o que na partida de Carlsen, na que as brancas baixo presión deixaronse material.
Na partida entre Kramnik e Ivanchuk o ruso sacrificou calidade primeiro e logo unha peza para atacar ao rei rival, pero quedouse sen recursos para poder rematar a combinación e forzou as táboas por contínuo tras unha defensa exacta do ucraniano.
Grischuk - Gelfand foi unha partida longa cos dous xogadores tentando romper o equlibrio. Tamén as brancas atacaron ao rei nesta partida, pero a contra das negras foi suficiente para lograr táboas por contínuo.
Mañá rematará a primeira volta tras o día de lecer de hoxe, e haberá que ver se algún xogador acércase á cabeza ou na segunda todo será cousa de dous.
Ningún comentario:
Publicar un comentario