Unha xornada discreta dos representantes que temos no Campionato de Europa. Táboas de Vallejo e Salgado con negras contra rivais en teoría non tan fortes como eles. Con brancas Alsina sacou unhas táboas cun ruso de máis de 2600, o que non é del todo malo. O MI Aloma perdeu con un grego de máis de 2600, un resultado máis ou menos lóxico.
Tras as catro primeiras roldas soamente dous xogadores teñen o pleno, os rusos Potkin e Savchenko, que xogarán a quinta partida entre eles. As partidas dos xogadores españois serán as seguintes:
Rd. | M. | No. | 0 | Nombre | Elo | Pts. | - | Pts. | 0 | Nombre | Elo | No. | |||
5 | 15 | 9 | GM | Vallejo Pons Francisco | 2707 | 3 | 3 | GM | Papaioannou Ioannis | 2605 | 80 | ||||
5 | 59 | 57 | GM | Salgado Lopez Ivan | 2630 | 2½ | 2½ | GM | Libiszewski Fabien | 2481 | 169 | ||||
5 | 36 | 61 | GM | Saric Ivan | 2626 | 3 | 3 | GM | Alsina Leal Daniel | 2538 | 134 | ||||
5 | 116 | 194 | IM | Aloma Vidal Robert | 2434 | 2 | 2 | FM | Dietmayer-Kraeutler Marco | 2251 | 278 |
Outra vez Alsina ten un rival por riba dos 2600. Salgado con brancas debería tentar sumar o punto enteiro, ao igual que Aloma e Vallejo. As 50 primeiras partidas poden seguirse en directo na páxina oficial todos os días as 15:00.
Resultados en ChessResults.
Ningún comentario:
Publicar un comentario