A quinta rolda do torneo europeo deixounos unha gran partida do GM Vallejo, partida na que o caos apoderouse do taboleiro, e o seu rival non foi quen de atopar a defensa precisa, o máis lóxico porque ata os ordenadores pérdense na análise. Deste xeito leva catro puntos de cinco e ocupa a quinta praza.
Alsina perdeu un final de torres, o que o deixa con tres puntos, os mesmos que Salgado, que fixo unhas novas táboas, igual que Aloma. Aloma queda con dous e medio e o posto 226º.
Na cabeza do torneo tempos ao GM Potkin, que é xa o único que conta partidas pos vitorias. Tras del Wing, Parligras e Nisipeanu teñen catro e medio. Despois Vallejo encabeza o grupo dos de catro.
A posición na que Vallejo iniciou o ataque definitivo foi esta. Papaioannou acababa de mover o seu cabalo do rincón, con 20...Cg3. As máquinas indican que 20...b5 era a única para poder salvarse.
Vallejo non perdeu nin un tempo, e fixo 21.Da5+. A resposta 21... b5 atopouse ca liña 22.Bxb5+, axb5 23.Dxb5, Rd8 24.Aa5+, Txa5 25.Dxa5 e co rei atrapado no centro pouco despois o grego rendiuse por non poder salvar o mate.
Ningún comentario:
Publicar un comentario