xoves, 10 de febreiro de 2011

- Comezou o Open Aeroflot co GM Salgado e o GM Alsina

O torneo aberto máis forte do mundo arrancou en Moscú. Nove roldas con 125.000 € en premios. Como proba da forza do torneo podemos citar que están a xogar este aberto. Kamsky, Movsesian, Vachier-Lagrave, Jakovenko,Vitiugov... E estes son parte dos 87 xogadores do grupo A. Existe o grupo B para xogadores de Elo entre 2300 e 2549 e o grupo C para xogadores con Elo menor de 2300. Grupos para xogadores menos fortes... O ritmo de xogo ten dous controis e logo finish con incremento: 100'/40xog - 50'/20xog - 15'+30''inc. No torneo C o ritmo é ritmo FIDE.
Dous xogadores españois decidiron probar a aventura rusa, os GM's Alsina e Salgado. Hoxe ten lugar a terceira rolda, e os dous levan punto e medio, un gran resultado. Salgado gañou a ex-campiona mundial Kosteniuk (2498) na primeira rolda, e na segunda empatou con ex-campión mundial Kasimdzhanov (2681). O seu rival na terceira e Volokitin (2678), unha promesa hai anos que non chegou ata onde parecía que podía chegar.
Alsina non tivo rivais tan ilustres en canto a nome, pero dunha forza media superior. Táboas na primeira rolda con Khairullin (2640), e vitoria na segunda ante Mareco (2627). Na terceira vai xogar contra Kobalia (2666).
En canto ao torneo en xeral, soamente dous xogadores conseguiron dous de dous. Quang Liem Le e Luka Lenic, que como xogan entre eles na rolda tres soamente un xogador podería ter puntuación perfecta tras so tres roldas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario