A ecuatoriana Martha Fierro freou a Dzagnidze, mentres Danielian gañou a Munguntuul. Tras estos resultados agora a armenia é a líder en solitario, con pleno nas tres roldas. Fierro, con brancacs, avanzou o seu ala de dama nunha catalana sen que a xeorxiana obtivese contraxogo e a partida rematou nun final de torres gañado pola primeira xogadora. Danielian presentou unha defensa francesa no taboleiro, e tras pasar algún apuro co seu rei nun sacrificio da súa rival, ao final pasou o peor e quedou con vantaxe material decisiva. A excampiona mundial Chiburdanidze por fin puntuou, gañando a chinesa Xu Yuhua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario