Tras o empate acadado con negras contra Volokitin o GM galego Iván Salgado ocupa a vixésimoprimeira praza na clasificación xeral do torneo que está a xogarse en Moscú, no grupo que está a un punto do líder, rendendo a 2744. Daniel Alsina perdeu a súa partida con Kobalia e ocupa o posto 49º, rendendo a 2644.
Na cabeza do torneo está en solitario o GM Le, que ten 3 de 3. A medio punto marchan Kamsky, Jakovenko, Tomashevsky... ata nove xogadores. Na cuarta rolda teremos un interesante Le - Kamsky, onde o GM vietnamita pode confirmar o seu bo momento. Salgado xogará na sexta mesa con brancas contra un óso de coidado, Movsesian. Alsina na mesa dezasete, con negras, vai ter tamén unha xornada complicada, Motylev.
As partidas do grupo A poden seguirse en directo na web oficial, a partires das 13:00.
Emparellamentos da rolda 4 e clasificación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario