Unha nova vitoria para Danielian, que leva xa 4 de catro. Hoxe a armenia batiu a Dzagnidze con negras nunha defensa eslava que derivou nunha posición de enroques opostos con ataques mutuos de peóns, pero o da xeorxiana non foi a ningures, mentres que o da armenia si tivo éxito. Danielian ten punto e medio de vantaxe sobre as súas perseguidoras, Fierro e Sebag. A favorita por Elo, a india Koneru, figura no grupo dos dous puntos, 50%, xunto a Cramling, Dzagnidze, Xu e Chiburdanidze. Con punto e medio temos a Zhu e Stefanova. A derradeira praza a comparten polo momento Mkrtchian e Muunguntul con un punto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario