A piques de cumplir os 42 anos o gran mestre ucraniano Vassily Ivanchuk segue en plena forma, e acadou unha importante vitoria nun aberto moi forte como o de Gibraltar. Con oito partidas gañadas e dúas empatadas e un rendemento de 2968! o ucraniano non deu moitas opcións os seus rivais. Na segunda posición quedou o GM inglés Nigel Short, que tamén fixo un gran torneo, perdendo soamente co gañador, e finalizando soamente a medio punto del. 8,5 puntos e un gran rendemento, 2883. Na terceira praza o GM estonio Kulaots, que con un rendemento de 2750, quedou por diante do GM israelí Roiz, con rendemento de 2743. Os dous con 7,5 puntos, pero o rendemento era o criterio de desempate do torneo. Os seguiron Caruana, Dzagnidze, Gopal Gheeta, Vallejo, Harikrishna e Georgiev para completar os dez mellores.
Dos españoi o primeiro clasificado foi Vallejo. Con un final bastante bo, 3,5 de 4, recuperou algo do terreo perdido, e finalizou na oitava posición con 7 puntos e un rendemento de 2648 que vaille costar uns cantos puntos Elo que van poñer en perigo sair na próxima lista da FIDE por riba dos 2700. O GM Cabrera sumou un total de seis puntos, acabando no posto 53 con un mal rendemento, 2438. O MI Fernández Romero ao final sumou tamén 6 puntos, redendo a máis de 2500 e mellorando na táboa final bastantes postos respecto o seu ranking inicial. Gran torneo de Mónica Calzetta, que acadou 5,5 puntos e un rendemento de 2423 condo o seu Elo é de 2284.
O sistema de emparellamento deste torneo é un tanto peculiar, e permite que teñamos xogadores que para facer seis puntos teñan que rendir a 2505, e outros con rendir a 2270 tamén poidan sumar seis puntos, quedando por diante de moitos titulados internacionais. O sistema de reparto de premios establece un par de premios para o mellor rendemento en tramos de ELO, pero inda así habería que miralo mellor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario