domingo, 17 de novembro de 2013

Anand - Carlsen 2013. Carlsen gaña dúas partidas seguidas e ponse +2 na metade do match

O noruegués Magnus Carlsen, o aspirante ao título, gañou as partidas 5ª e 6ª do match ante o campión mundial Viswanathan Anand e toma clara vantaxe para o que resta da competición. Carlsen gañou dous finais xogando moi preciso e agardando unha imprecisión do campión. Cando estas chegaron non as deixou pasar e venceu primeiro con brancas e ao día seguinte con negras.

mércores, 13 de novembro de 2013

Campionato de Europa de seleccións (R5) Francia na cabeza

Tras cinco roldas o equipo francés está a dar a sopresa e marcha na cabeza en solitario.  Na segunda praza empatan varios equipo, destacando Grecia e Xeorxia que non partían entre os mellores. España está a obter resultados normais.

Match Anand - Carlsen Mundial 2013 - Empate tras catro partidas

O xadrez de altura apareceu nas partidas tres e catro, onde os que levaron negras tiveron contra as cordas ós das brancas. Pero defensas precisas fixeron que non se pasase das táboas e que o marcador esté 2-2.

domingo, 10 de novembro de 2013

Comezou o match Anand - Carlsen pola coroa mundial

Xa está en marcha o encontro no que Anand Viswanathan defende o seu título diante de Magnus Carlsen. Tras as dúas primeiras partidas o marcador está igualado, con moito respeto entre os dous xogadores.

venres, 1 de novembro de 2013

Nova lista de Elo FIDE de novembro. Aronian recupera a segunda praza.

Non hai moitos cambios. Carlsen segue sendo o número un e ten unha diferenza de 95 respecto a Anand a poucos días de comenzar o match polo título. Nakamura chega máis alto que nunca, a cuarta praza. Radjabov segue sen levantar cabeza, e agora está no posto 33º. O primeiro español segue a ser Vallejo, con 2705 no posto 44. Na lista feminina como sempre manda Judith Polgar.

mércores, 30 de outubro de 2013

Copa Galicia de Clubes 2013

Vaise xogar no Casino da Coruña, organizada polo CIDU, os días 16 e 17 de novembro. Categorías cadete e absoluta.

Campionatos mundiais da xuventude 2013 nos Emiratos Árabes Unidos

No mes de decembro van ter lugar estes campionatos nun lougar un tanto exótico. Polo momento catro españois están inscritos: David Antón, Miguel Santos, Amalia Aranaz e Irene Nicolás.

luns, 28 de outubro de 2013

O equipo checo G-Team Novy Bor gaña a Copa de Europa de clubes

Gañando seis encontros e empatando un o G-Team foi o gañador da copa europea, no que xogaron Navara, Woijtaszek, Laznicka, Sasikiran, Hracek, Bartel e Cvek. Na segunda praza acabou o Malachite ruso e terceiro o SOCAR uzbeko. O Montecarlo foi o gañador da categoría feminina.

luns, 14 de outubro de 2013

O GM Julio Granda gaña o Torneo Internacional Xadrez entre Faros

Xogado entre a localidades de Fisterra, Camariñas e Muxía disputouse este torneo internacional que reuniu a cinco grandes mestres de máis de 2600. Granda sumou 5,5 puntos dos dez en xogo, sacando medio de vantaxe a Cheparinov, que rematou na segunda praza.

sábado, 5 de outubro de 2013

Torneo Internacional de Xadrez Entre Faros

Nos concellos de Fisterra, Camariñas e Muxía vai ter lugar un torneo internacional co motivo dos faros de fondo. Xogan Lázaro Bruzón, Julio Granda, Richard Rapport, Iván Cheparinov, Iván Salgado, nun torneo organizado polo clube Faro Touriñán.
As partidas comezan ás 15:00, e as dez roldas irán do día 5 ao día 14. Tres partidas no faro de Fisterra, tres partidas no faro do Cavo Vilán en Camariñas e as catro finais na Biblioteca Municipal de Muxía. As partidas son retransmitidas en directo todos os días na rede.