xoves, 24 de marzo de 2011

- Amber 2011 (Final) Aronian gañador. Carlsen segundo a un punto

Levon Aronian vai ter a honra de ser o derradeiro gañador deste torneo, que ao longo de vinte edicións deu espectaculo combinando xadrez rápido e xadrez á cega. Tras empatar as dúas partidas da última xornada mantivo a vantaxe que tiña sobre Carlsen, que perdeu e gañou con Gelfand nesta rolda, polo que non foi quen de alcanzar ao armenio. O campión do mundo Anand acadou a terceira praza por diante de Ivanchuk, que de ser colista nas primeiras xornadas rematou na cuarta praza. Pecharon a táboa Giri e un sorprendente Kramnik, que volve a ter un mal momento.
A vitoria de Aronian baseouse nas partidas á cega, nas que superou a Carlsen por tres puntos, que foi quinto nesa modalidade detrás de Anand, Gashimov e Grischuk. Nas rápidas o noruegués foi moi superior ao resto dos xogadores, con dous puntos de vantaxe sobre Aronian.
                     CLASIFICACIÓN FINAL                            
Cegas
1.Aronian8
2.Anand6
3.Gashimov
 Grischuk
4.Carlsen5
 Gelfand5
 Karjakin5
 Nakamura5
5.Ivanchuk
6.Topalov4
7.Giri
8.Kramnik3
Rápida
1.Carlsen
2.Aronian
3.Ivanchuk6
4.Anand5
 Topalov5
5.Gelfand
 Grischuk
 Nakamura
6.Gashimov4
 Karjakin4
 Kramnik4
7.Giri
Combinada
1.Aronian14½
2.Carlsen13½
3.Anand11
4.Ivanchuk10½
5.Grischuk10
6.Gashimov
 Gelfand
 Nakamura
7.Karjakin9
 Topalov9
8.Giri7
 Kramnik7

- Viktor Korchnoi chega aos 80 anos

80 anos e con un ELO bastante por riba de 2500. En abril estará por España dando simultáneas en sesións de ao redor de catro horas, e como sempre sen dar táboas de compromiso. Un exemplo de enerxia vital.

luns, 21 de marzo de 2011

domingo, 20 de marzo de 2011

sábado, 19 de marzo de 2011

- Campionato de Europa 2011

Vaise xogar en Aix-les-Bains, Francia, do 21 de marzo ao 3 de abril. Os 23 primeiros calificaranse para a próxima Copa do Mundo. Van xogar os seguintes xogadores españois: Robert Aloma, Daniel Alsina, o galego Iván Salgado e Francisco Vallejo.

venres, 18 de marzo de 2011

- Amber 2011 (6R) Aronian vai primeiro con Carlsen a un punto

Aronian sufriu a súa primeira derrota do torneo a mans de Grischuk, o que permitiu a Carlsen recuperar terreo. Anand no puido aproveitar a situación porque perdeu o mini-match con Ivanchuk, que cumpria 42 anos, e que xa quentou e está imparable. Na derradeira posición marcha agora Giri, detrás de Nakamura, e diante deles Kramnik.

xoves, 17 de marzo de 2011

- Amber 2011 (5R) Ivanchuk está de volta

O ucraniano Ivanchuk era o colista, pero non tivo ningún problema para sentarse diante do numero 1 do mundo e gañarlle as dúas partidas que tiñan que xogar. Isto foi aproveitado por Aronian, que tras gañar a Gashimov é agora líder en solitario con 8 puntos, seguido por Anand con que ten 6,5 puntos. Carlsen quedou nos 6 que tiña antes da rolda. Grischuk está con 5,5. Na derradeira praza atopamos agora a Kramnik e Giri con 3,5.

- Campeonato de España de seleccións autonómicas

Información na páxina da FEDA neste enlace. Vaise xogar nun hotel cerca de Xixón entre o 29 de abril e o 2 de maio.

martes, 15 de marzo de 2011

- Amber 2011 (4R) Anand deixa atrás a Grischuk na terceira praza

Non houbo cambios na cabeza porque Carlsen e Aronian fixeron os mesmos puntos. Anand xogaba contra Grischuk e sumou punto e medio, mantendo as distancias cos líderes. Na cola Ivanchuk e Giri manteñen o empate, e Kramnik non consegue recuperarse.
Web oficial.

- Iniciativa da FEGA para un circuito de promoción para rapaces

A idea da Fega parece ser crear unha serie de toneos dende maio ata novembro, nos que os xogadores estarían divididos nas seguintes categorías:

- Cadetes (nados nos anos 1996-1995)
- Infantís (nados nos anos 1998-1997)
- Alevíns (nados nos anos 2000-1999)
- Benxamíns    (nados nos anos 2002-2001)
- Promesas (nados nos anos 2003 e posteriores)
Parece que se busca unha serie de torneos parecidos ao famoso Torneo de Reis que tanto éxito tivo na Coruña durante moitos anos.
Información completa.