A canaria Sabrina Vega acadou o maior éxito do xadrez feminino español tras obter a medalla de plata no Europeo 2016 xogado en Constanta, Rumania. A gañadora do torneo foi a ucraniana Ushenina con 8,5 puntos, os mesmos que acadou Vega, pero con mellor desempate. A búlgara Stefanova levouse o bronce. A outra española, Ana Manadze, rematou no posto 11º.
sábado, 11 de xuño de 2016
mércores, 8 de xuño de 2016
Viktor Korchnoi morreu aos 85 anos
Unha das lendas do xadrez, Viktor Korchnoi, morreu o 6 de xuño de 2016. Foi catro veces campión da URSS, e tras escapar de alí o foi cinco de Suiza e unha de Holanda. Xogou duas veces contra Karpov polo título mundial (1978 e 1981), e outra máis na final de candidatos de1975 na que Karpov foi logo campión pola renuncia de Fischer.
luns, 23 de maio de 2016
O ruso Inarkiev campión europeo 2016
Rematou o Campionato de Europa de Xadrez 2016. Xogouse en Gjakova, cidade pertencente a Kosovo, do 12 ao 23 de maio.
Tras sumar de 9 puntos sobre 11 o GM Ernesto Inarkiev proclamouse campión. Na segunda praza clasificou o GM letón Kovalenko, a medio punto do gañador. Na terceira praza quedou o xeorxiano Jobava, encabezando o grupo de tres xogadores que anotaron oito puntos.
O mellor dos españois foi Vallejo, que logrou unha moi boa quinta praza, formando parte dese grupo de xogadores que remataron a competición con oito puntos. Tamén foi boa a actuación de Iván Salgado e de David Antón, os dous con 7,5 puntos e os postos 17º e 19º.
Os 20 primeitos:
Rk. | SNo | Name | Typ | sex | Gr | Rtg | Pts. | TB1 | TB2 | TB3 | TB4 | TB5 | Rp | n | w | we | w-we | K | rtg+/- | |||
1 | 12 | GM | Inarkiev Ernesto | ACP | RUS | 2686 | 9,0 | 0,0 | 72,5 | 77,5 | 6 | 7,0 | 2882 | 11 | 9 | 6,41 | 2,59 | 10 | 25,9 | |||
2 | 37 | GM | Kovalenko Igor | ACP | LAT | 2644 | 8,5 | 0,0 | 67,0 | 71,5 | 5 | 7,0 | 2787 | 11 | 8,5 | 6,38 | 2,12 | 10 | 21,2 | |||
3 | 26 | GM | Jobava Baadur | ACP | GEO | 2661 | 8,0 | 0,0 | 73,5 | 78,0 | 5 | 6,0 | 2791 | 11 | 8 | 6,06 | 1,94 | 10 | 19,4 | |||
4 | 1 | GM | Navara David | CZE | 2735 | 8,0 | 0,0 | 72,5 | 78,5 | 5 | 6,0 | 2796 | 11 | 8 | 7,14 | 0,86 | 10 | 8,6 | ||||
5 | 5 | GM | Vallejo Pons Francisco | ACP | ESP | 2700 | 8,0 | 0,0 | 71,0 | 77,0 | 5 | 5,0 | 2777 | 11 | 8 | 6,94 | 1,06 | 10 | 10,6 | |||
6 | 2 | GM | Wojtaszek Radoslaw | ACP | POL | 2722 | 7,5 | 0,0 | 76,0 | 82,0 | 6 | 5,0 | 2763 | 11 | 7,5 | 6,83 | 0,67 | 10 | 6,7 | |||
7 | 16 | GM | Piorun Kacper | ACP | POL | 2681 | 7,5 | 0,0 | 69,0 | 74,5 | 5 | 5,0 | 2708 | 11 | 7,5 | 6,96 | 0,54 | 10 | 5,4 | |||
8 | 8 | GM | Fressinet Laurent | ACP | FRA | 2692 | 7,5 | 0,0 | 68,5 | 73,5 | 5 | 5,0 | 2734 | 11 | 7,5 | 6,84 | 0,66 | 10 | 6,6 | |||
9 | 60 | GM | Goganov Aleksey | ACP | RUS | 2600 | 7,5 | 0,0 | 68,5 | 71,0 | 5 | 5,0 | 2734 | 10 | 6,5 | 4,54 | 1,96 | 10 | 19,6 | |||
10 | 36 | GM | Dubov Daniil | U20 | ACP | RUS | 2644 | 7,5 | 0,0 | 68,0 | 73,0 | 5 | 4,0 | 2728 | 10 | 6,5 | 5,36 | 1,14 | 10 | 11,4 | ||
11 | 3 | GM | Vitiugov Nikita | ACP | RUS | 2721 | 7,5 | 0,0 | 67,0 | 72,5 | 5 | 5,0 | 2732 | 11 | 7,5 | 7,29 | 0,21 | 10 | 2,1 | |||
12 | 13 | GM | Cheparinov Ivan | BUL | 2685 | 7,5 | 0,0 | 67,0 | 72,0 | 5 | 5,0 | 2691 | 11 | 7,5 | 7,30 | 0,20 | 10 | 2,0 | ||||
15 | GM | Najer Evgeniy | ACP | RUS | 2681 | 7,5 | 0,0 | 67,0 | 72,0 | 5 | 5,0 | 2693 | 10 | 6,5 | 6,35 | 0,15 | 10 | 1,5 | ||||
14 | 43 | GM | Hovhannisyan Robert | ARM | 2632 | 7,5 | 0,0 | 66,5 | 70,5 | 5 | 4,0 | 2682 | 11 | 7,5 | 6,61 | 0,89 | 10 | 8,9 | ||||
15 | 33 | GM | Zhigalko Sergei | ACP | BLR | 2647 | 7,5 | 0,0 | 66,0 | 71,0 | 5 | 5,0 | 2691 | 11 | 7,5 | 6,72 | 0,78 | 10 | 7,8 | |||
72 | GM | Palac Mladen | CRO | 2577 | 7,5 | 0,0 | 66,0 | 71,0 | 5 | 5,0 | 2671 | 11 | 7,5 | 5,90 | 1,60 | 10 | 16,0 | |||||
17 | 50 | GM | Salgado Lopez Ivan | ESP | 2618 | 7,5 | 0,0 | 66,0 | 69,5 | 5 | 5,0 | 2686 | 11 | 7,5 | 6,31 | 1,19 | 10 | 11,9 | ||||
18 | 24 | GM | Dreev Aleksey | ACP | RUS | 2662 | 7,5 | 0,0 | 65,5 | 70,5 | 6 | 5,0 | 2663 | 11 | 7,5 | 7,34 | 0,16 | 10 | 1,6 | |||
19 | 51 | GM | Anton Guijarro David | ACP | ESP | 2616 | 7,5 | 0,0 | 65,5 | 69,5 | 5 | 4,0 | 2671 | 11 | 7,5 | 6,45 | 1,05 | 10 | 10,5 | |||
20 | 94 | GM | Stupak Kirill | BLR | 2535 | 7,5 | 0,0 | 65,5 | 68,5 | 6 | 5,0 | 2672 | 10 | 6,5 | 4,48 | 2,02 | 10 | 20,2 |
venres, 29 de abril de 2016
Magnus Carlsen gaña o Norway Chess 2016
Tras gañar na derradeira rolda a Eljanov o campión mundial Magnus Carlsen levouse o Norway Chess deste ano, con medio punto por diante de Aronian. Tras deles a un punto da cabeza Vachier-Lagrave, Topalov e Kramnik.
venres, 8 de abril de 2016
luns, 28 de marzo de 2016
O ruso Karjakin gañador do Torneo de Candidatos Moscú 2016
Tras gañar na derradeira rolda ao americano Caruana o ruso de orixe ucraniana Sergei Karjakin será quen se enfronte a Magnus Carlsen en Nova York a finais de ano polo título de campión mundial.
Karjakin e Caruana xogaban na derradeira rolda entre eles chegando empatados a puntos, co indio Anand a medio e que podía alcanzalos. Polo sistema de desempate Karjakin era o gañador do torneo se gañaba ou empataba e Anand non gañaba a Svidler e provocaba triple empate na cabeza. En caso de triple empate o gañador era Caruana.
Caruana arriscou ca apertura, e chegouse a unha posición pouco clara no medio xogo. Anand acordou táboas, co que Caruana tiña que gañar para ser campión. Nos apuros de tempo para o control, Caruana tivo un erro táctico que aproveitou Karkajin para obter ataque de mate sacrificando peza e gañar a partida.
sábado, 19 de marzo de 2016
Candidatos Moscú 2016 (R7) Aronian e Karjakin mandan á metade do torneo
Chegouse ao ecuador do torneo de candidatos de 2016, de onde ten que sair o retador que se enfrentara a Carlsen en Nova York. Tras sete roldas o armenio Aronian e o ruso Karjakin encabezan a táboa con 4,5 puntos. A medio punto deles atópase o indio Anand, e a un punto da cabeza o americano Caruana e o holandés Giri. Con 3 puntos o americano Nakamura e o ruso Svidler parten con grande desvantaxe para tentar acadar algo na volta do torneo. O búlgaro Topalov leva 2 puntos en ninguén conta xa con el.
xoves, 17 de marzo de 2016
Yifan Hou novamente campiona mundial
A chinesa Yifan Hou cumpriu os pronósticos e derrotou con claridade a Mariya Muzichuk por 6-3 (+3 =6 -0) no match disputado en Lviv, Ucrania, neste mes de marzo de 2016.
domingo, 13 de marzo de 2016
Candidatos Moscúa 2016 (R3) Aronian gaña a Topalov para empatar na cabeza
Nas partidas da terceira rolda houbo máis loita que na xornada anterior, ainda que tres das catro remataron en empate.
Aronian con negras cazou na apertura a Topalov, que quedou perdido moi pronto e por máis que o tentou o búlgaron non foi quen de salvar a partida. Nakamura sufriu para facer táboas con Svidler tendo un peón de menos nun final de torre, pero salvou a partida. Anand e Caruana acordaron táboas tras tentar deequilibrar no medio xogo, pero tras cambiarse todo optaron por firmar o empate. Giri sacrificou unha peza no enroque de Karjakin, pero non era para atacar, senon para forzar táboas por repetición.
De cara a cuarta partida Anand, Karjakin e Aronian teñen dous puntos. Caruana, Svidler e Giri un e medio, un ten Nakamura e medio Topalov.
sábado, 12 de marzo de 2016
Candidatos Moscú 2016 (R2) Karjakin gaña e únese a Anand na cabeza
O ruso Karjakin aproveitou o agasallo de Nakamura, que errou nun sacrificio co que iniciaba un ataque e tivo que abandonar. Svidler e Topalov cambiaron pezas moi rápido e a partida rematou en táboas sen chegar as 30 xogadas. Aronian e Anand acordaron táboas cando a partida entrou nun final de bispos de diferente cor e onde o peón de máis do indio non servia de nada. A cuarta partida da rolda foron as táboas entre Caruana e Giri, na que as táboas se acordaron xusto ao chegar ao final de torres.
Tras a segunda rolda Anand e Karjakin teñen 1,5 puntos, Svidler, Giri, Aronian e Caruana levan un punto, e pechan Nakamura e Topalov con 0,5 puntos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)