Unha final que ninguén podía imaxinar, con todas as favoritas caídas polo camiño. A búlgara Stefanova, que foi campiona mundial fai anos tamén nun torneo por KO, pero que agora era a 16 na lista inicial, e a ucraniana Ushenina, que partindo do posto 32 está ante a que é a oportunidade da súa vida, van xogar pola coroa mundial.
martes, 27 de novembro de 2012
domingo, 18 de novembro de 2012
Copa do Mundo feminina (R3.2) Cinco xogadoras clasificadas para cuartos
sábado, 17 de novembro de 2012
Copa do Mundo feminina (R3.1) Cinco xogadoras toman vantaxe
As irmás Kosintseva - Web oficial |
Tras xogarse a primeira partida da terceira rolda, en cinco das oito partidas houbo decisión, polo que na segunda partida haberá cinco xogadoras obrigadas a gañar para non quedar fora dos cuartos de final. Os resultados foron os seguintes:
1.GM Socko, M.
2445 - GM Stefanova
2491: 0-1
2.WGM Ju, Wenjun
2501 - GM Zhukova, N.
2451: 1-0
3.IM Ushenina, A.
2452 - WGM Pogonina, N.
2478: 1-0
4.IM Muzychuk, M.
2476 - GM Zhao, Xue
2565: ½-½
5.IM Javakhishv.
2455 - GM Harika, D.
2512: ½-½
6.GM Kosintseva
2515 - GM Kosintseva
2539: ½-½
7.WGM Huang, Qian
2465 - IM Krush, I.
2470: 0-1
8.IM Galliamova
2468 - GM Sebag, M.
2521: 0-1
A GM Socko despois de eliminar a campiona mundial que a un paso de ser eliminada, unha mágoa para ela despois de superarm o cruce máis difícil. Na partida entre as irmás Kosintseva o resultado foi o habitual, as táboas, pero desta vez a partida foi longa e chegou a un final no que non había para máis.
venres, 16 de novembro de 2012
Cidade de Lugo (R3) Cinco xogadores quedan no grupo de cabeza
Tras a terceira rolda soamente son cinco os xogadores que contan as partidas como uns. Walter López, Roberto Gómez, Diego Flórez, Carlos Casares e Alfonso Agra. Na cuarta rolda os enfrontamentos serán os seguintes, onde fan bye dous dos líderes:
Resultados en ChessResults.
Resultados en ChessResults.
Mundial feminino. Yifan Hou, actual campiona, KO na segunda rolda
A segunda rolda - Web oficial |
Tras un inicio sen sorpresas na segunda chegou a maior posible. A actual campiona do mundo que defendía o título nesta copa, a chinesa Yifan Hou, foi eliminada pola polaca Mónika Socko. Tras empatar nas partidas a ritmo FIDE a xogadora europea gañou as dúas semirrápidas de desempate.
Este resultado fai menos relevante outros resultados pouco esperados, como a eliminación de Anna Muzychuk, o elo máis alto do torneo, ou as eliminacións de Koneru, Lahno e Danielian.
Na terceira rolda o encontro que vai chamar máis a atención é o enfrontamento entre as irmás Kosintseva, que sempre cando xogan entre elas fan táboas rápidas, pero que desta vez terán que facer algo máis.
domingo, 11 de novembro de 2012
Cidade de Lugo 2012 (R2) Walter López o primeiro do grupo de cabeza
Tras xogarse dúas partidas do Cidade de Lugo son once os xogadores que contán esas partidas por vitorias. Este ano parece que a participación non é tan numerosa como na edición pasada, pero aínda así 45 xogadores toman parte na proba.
Para a terceira rolda os enfrontamentos son os seguintes, sen mostrar os byes:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)