Amosando publicacións coa etiqueta Copa do Mundo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Copa do Mundo. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de setembro de 2013

Kramnik gaña a Copa do MUndo en Noruega

Sen moitos atrancos Vladimir Kramnik venceu na final a Andreikin, e levouse a Copa do MUndo 2013 que tivo lugar en Tromso, Noruega.

mércores, 14 de agosto de 2013

Copa do Mundo 2013 (R1) Sen sorpresas nas primeiras eliminatorias

A sala de xogo - Foto da web oficial
Nun torneo tipo copa destes que fai a FIDE, con dúas partidas e logo desempate en cada rolda, un pequeno erro pode deixar fóra a calquera ás primeiras de cambio. Nesta ocasión hai que baixar ata o taboleiro 24 para ver ao primeiro xogador con máis elo que o rival que non pasou a eliminatoria.
Dos de moi arriba soamente Kamsky tivo que desempatar. A campiona mundial Ushenina deu moito traballo a Svidler, que tivo que chegar ata o segundo desempate para eliminala, e o mesmo pasoulle a Shirov diante da excampiona Yifan Hou. Vallejo pasou sen atrancos gañando as dúas partidas ao arxentino Diego Flores. O veterán Beliavsky, da xeneración de Karpov, tamén pasou.

domingo, 11 de agosto de 2013

Comeza a Copa do Mundo 2013 en Noruega

Sen Carlsen e Anand pero con a maioría das estrelas do momneto. Na localidade de Tromso compiten 128 xogadores entre os que está o español Vallejo.
Web oficial.

domingo, 16 de xuño de 2013

A Copa do Mundo 2013 xa ten funcionando a páxina oficial

Por unha vez non haberá que viaxar a Siberia para xogar unha competición da FIDE. A localidade norueguesa de Tromso, que está no Círculo Polar Ártico e ten 71000 habitantes, será onde se organice a Copa do Mundo 2013, da que sairán xogadores para o ciclo polo Campionato Mundial. A participación non vai ter, polo momento, ausencias dos mellores do mundo, e poderemos ver en acción aos mellores GM do momento.
O formato é de copa, e participarán 128 xogadores.

sábado, 1 de decembro de 2012

Anna Ushenina nova campiona mundial por desempate

A final da Copa do Mundo - Web oficial
A ucraniana Anna Ushenina é a nova campiona mundial tras gañar á búlgara Antoaneta Stefanova na final da Copa do Mundo. Tras empatar 2-2 nas partidas a ritmo FIDE, na primeira serie de desempate Ushenina empatou con negras e gañou co brancas. Deste xeito será a campiona mundial polo menos ata o match de revancha ao que ten dereito Yifan Hou.
Ushenina non era das favoritas, de feito partía na metade da lista de forza inicial, pero tras desfacerse de Cori, Pogonina, N. Kosintseva, e Wenjun chegou ata a final contra Stefanova, que tampouco era das favoritas, pero que xa gañara un mundial deste xeito. Tras seis partidas a ucraniana levouse a coroa que ata agora era da chinesa Hou. Un torneo con moitas sorpresas e onde as mellores non estivero á altura.

martes, 27 de novembro de 2012

Copa do Mundo feminina (Final) Stefanova contra Ushenina


Unha final que ninguén podía imaxinar, con todas as favoritas caídas polo camiño. A búlgara Stefanova, que foi campiona mundial fai anos tamén nun torneo por KO, pero que agora era a 16 na lista inicial, e a ucraniana Ushenina, que partindo do posto 32 está ante a que é a oportunidade da súa vida, van xogar pola coroa mundial.

domingo, 18 de novembro de 2012

Copa do Mundo feminina (R3.2) Cinco xogadoras clasificadas para cuartos

Terceira rolda partida dous - Web oficial
Stefanova, Ushenina, Zhao, Harika e Sebag conseguiron o pase para cuartos sen ter que recurrir ao desempate. A ese desempate chegan os encontros Zhukova - Ju, Kruhs - Huang e o encontro das irmás Kosintseva.

sábado, 17 de novembro de 2012

Copa do Mundo feminina (R3.1) Cinco xogadoras toman vantaxe

As irmás Kosintseva - Web oficial
Tras xogarse a primeira partida da terceira rolda, en cinco das oito partidas houbo decisión, polo que na segunda partida haberá cinco xogadoras obrigadas a gañar para non quedar fora dos cuartos de final. Os resultados foron os seguintes:
1.GM Socko, M. POL 2445 - GM Stefanova BUL 2491: 0-1
2.WGM Ju, Wenjun CHN 2501 - GM Zhukova, N. UKR 2451: 1-0
3.IM Ushenina, A. UKR 2452 - WGM Pogonina, N. RUS 2478: 1-0
4.IM Muzychuk, M. UKR 2476 - GM Zhao, Xue CHN 2565: ½-½
5.IM Javakhishv. GEO 2455 - GM Harika, D. IND 2512: ½-½
6.GM Kosintseva RUS 2515 - GM Kosintseva RUS 2539: ½-½
7.WGM Huang, Qian CHN 2465 - IM Krush, I. USA 2470: 0-1
8.IM Galliamova RUS 2468 - GM Sebag, M. FRA 2521: 0-1
A GM Socko despois de eliminar a campiona mundial que a un paso de ser eliminada, unha mágoa para ela despois de superarm o cruce máis difícil. Na partida entre as irmás Kosintseva o resultado foi o habitual, as táboas, pero desta vez a partida foi longa e chegou a un final no que non había para máis.


venres, 16 de novembro de 2012

Mundial feminino. Yifan Hou, actual campiona, KO na segunda rolda

A segunda rolda - Web oficial
Tras un inicio sen sorpresas na segunda chegou a maior posible. A actual campiona do mundo que defendía o título nesta copa, a chinesa Yifan Hou, foi eliminada pola polaca Mónika Socko. Tras empatar nas partidas a ritmo FIDE a xogadora europea gañou as dúas semirrápidas de desempate.
Este resultado fai menos relevante outros resultados pouco esperados, como a eliminación de Anna Muzychuk, o elo máis alto do torneo, ou as eliminacións de Koneru, Lahno e Danielian.
Na terceira rolda o encontro que vai chamar máis a atención é o enfrontamento entre as irmás Kosintseva, que sempre cando xogan entre elas fan táboas rápidas, pero que desta vez terán que facer algo máis.

domingo, 11 de novembro de 2012

Comeza a Copa do Mundo feminina

A sala de xogo- Web oficial
Un total de 64 xogadoras toman parte na Copa do Mundo 2012, que está a ter lugar en Khanty-Mansiysk, na Siberia, polo que ata o final do torneo a temperatura non pasará dos 0 graos.
Grazas aos cambios, retoques e demáis que fai a FIDE cos títulos dos campións mundiais, a gañadora do torneo será a campiona mundial. A actual campiona Yifan Hou está xogando, e se non gañase tería o dereito a un match ca vencedora deste torneo tipo KO.
Tras xogarse a primeira partida da primeira rolda non houbo sorpresas entre as favoritas agás algunhas táboas que deixan todo aberto para a partida de mañá. O resultados a continuación:

T
 Match


1-0
 Hou, Yifan (CHN)
1-0
 Ranasinghe, S D (SRI) View
0-1
 Frick, Denise (RSA)
0-1
 Koneru, Humpy (IND) View
1-0
 Muzychuk, Anna (SLO)
1-0
 Mezioud, Amina (ALG) View
0-1
 Khoudgarian, Natalia (CAN)
0-1
 Zhao, Xue (CHN) View
1-0
 Lahno, Kateryna (UKR)
1-0
 Mona, Khaled (EGY) View
0-1
 Castrillon Gomez, Melissa (COL)
0-1
 Kosintseva, Nadezhda (RUS) View
0.5-0.5
 Cmilyte, Viktorija (LTU)
½-½
 Aliaga Fernandez, Ingrid Y (PER) View
0.5-0.5
 Berezina, Irina (AUS)
½-½
 Sebag, Marie (FRA) View
1-0
 Gunina, Valentina (RUS)
1-0
 Gu, Xiaobing (CHN) View
10 
0-1
 Ghader Pour, Shayesteh (IRI)
0-1
 Cramling, Pia (SWE) View
11 
0.5-0.5
 Kosintseva, Tatiana (RUS)
½-½
 Davletbayeva, Madina (KAZ) View
12 
0.5-0.5
 Soumya, Swaminathan (IND)
½-½
 Harika, Dronavalli (IND) View
13 
1-0
 Khotenashvili, Bela (GEO)
1-0
 Arribas Robaina, Maritza (CUB) View
14 
0.5-0.5
 Abrahamyan, Tatev (USA)
½-½
 Kosteniuk, Alexandra (RUS) View
15 
1-0
 Ju, Wenjun (CHN)
1-0
 Pourkashiyan, Atousa (IRI) View
16 
0-1
 Romanko, Marina (RUS)
0-1
 Stefanova, Antoaneta (BUL) View
17 
1-0
 Zhu, Chen (QAT)
1-0
 Ziaziulkina, Nastassia (BLR) View
18 
0.5-0.5
 Lujan, Carolina (ARG)
½-½
 Zatonskih, Anna (USA) View
19 
0.5-0.5
 Pogonina, Natalija (RUS)
½-½
 Matveeva, Svetlana (RUS) View
20 
0.5-0.5
 Foisor, Cristina-Adela (ROU)
½-½
 Muzychuk, Mariya (UKR) View
21 
1-0
 Danielian, Elina (ARM)
1-0
 Khukhashvili, Sopiko (GEO) View
22 
0.5-0.5
 Ovod, Evgenija (RUS)
½-½
 Hoang, Thanh Trang (HUN) View
23 
0.5-0.5
 Krush, Irina (USA)
½-½
 Li, Ruofan (SIN) View
24 
0.5-0.5
 Kovalevskaya, Ekaterina (RUS)
½-½
 Galliamova, Alisa (RUS) View
25 
0.5-0.5
 Girya, Olga (RUS)
½-½
 Rajlich, Iweta (POL) View
26 
0-1
 Shen, Yang (CHN)
0-1
 Huang, Qian (CHN) View
27 
1-0
 Mkrtchian, Lilit (ARM)
1-0
 Arakhamia-Grant, Ketevan (SCO) View
28 
1-0
 Bodnaruk, Anastasia (RUS)
1-0
 Javakhishvili, Lela (GEO) View
29 
0.5-0.5
 Dembo, Yelena (GRE)
½-½
 Khurtsidze, Nino (GEO) View
30 
0.5-0.5
 Cori T., Deysi (PER)
½-½
 Ushenina, Anna (UKR) View
31 
0.5-0.5
 Zhukova, Natalia (UKR)
½-½
 Guo, Qi (CHN) View
32 
0-1
 Skripchenko, Almira (FRA)
0-1
 Socko, Monika (POL) View

Web oficial.