Tras o tradicional torneo blitz da víspera que gañou Nakamura chegaron as partidas do torneo importante, que estanse a xogar en Moscú no Centro de Alta Tecnoloxía.
Mamedyarov con negras meteu un ataque tremendo contra o enroque de Nakamura, nunha partida que rematou cando as outras estaban aínda no medio xogo.
Na partida Anand - Caruana o italiano colleu a iniciativa, e ca parella de bispos comenzou a presionar ao campión do mundo, que xogou moi pasivo e acabou entrando nun final perdido que xa nin xogou.
Carlsen con brancas conseguiu unha mellor disposición de peóns contra Kramnik, pero o ruso acadou un peón perigoso que daba contraxogo. O noruegués, unha vez máis, forzou a posición pouco a pouco buscando un erro do rival e Kramnik cometeuno, ofrecendo un cambio de torres que perdía a partida, como así pasou.
No Gelfand e Karjakin xogouse unha catalana na que se cambiaron pezas ata entrar nun final de torres. Semellaba que o israelí tiña algo de vantaxe polo seu mellor rei, pero non había nada e remataron en táboas.
O encontro entre rusos, Andreikin - Morezevich, o veterano tivo que defenderse nunha posición restrinxida surxida nun ataque inglés da defensa siciliana, pero non tivo problemas para igualar ó final e sacar o empate.
Ningún comentario:
Publicar un comentario