domingo, 9 de novembro de 2014

Match Sochi 2014 (2R) Anand comete un erro grave nos apuros de tempo e Carlsen non perdoa

A segunda partida do match mundial de Sochi presentou a Carlsen xogando a española e a Anand defendéndose ca Berlinesa. Carlsen non entrou nas liñas máis xogadas nas que cambianse as damas e o xogo de cada bando está ben definido, e optou por un modesto 4.d3, que xa empregou este ano contra Anand no mundial de rápidas. O indio foi o primeiro en desviarse desa partida, que por certo gañou, facendo 5... d6 en vez de 5...Cd4. Na seguinte xogada Carlsen foxo 6.Te1, que soamente empregárase catro veces antes e todas por aficionados febles, e o 7.Bxc6 foi unha novidade.
O campión decidiu presionar ao rei de Anand, o que levou a cambiar as pezas menores que seguían no taboleiro. As xogadas da defensa do indio non foron sempre as máis activas, e Carlsen conseguiu unha gran iniciativa nunha posición onde as súas pezas maiore dominaban as columnas centrais e seguían a rondar o escasamente defendido enroque negro.
Con 30 xogadas o tempo comenzou a afogar aos dous xogadores, e defenderse sempre é máis difícil. Na xogada 34 Anand pasou por alto da entrada da dama branca en b7, que creou unha ameaza ao longo da sétima fila que gañou o primeiro punto para Carlsen.
O marcador tras dúas partidas está en Carlsen 1,5 - Anand 0,5. Mañá é día de descanso e o martes a terceira con Anand levando brancas
A partida;




Ningún comentario:

Publicar un comentario