O campión do mundo Magnus Carlsen tivo unha actuación estelar no Memorial Gashimov, que tivo lugar na cidade de Shamkir en Azerbaijan. Rematou o torneo facendo sete (+5 =4 -0) dos nove puntos en xogo nun torneo onde a media de elo era 2773. Na segunda praza quedou Anand, a un punto do gañador (+3 =6 -0), e na terceira empataron a cinco puntos Caruana (+2 =6 -1) e Wesley So (+3 =4 -2).
Tras deles quedaron Kramnik e Mamedyarov con catro puntos, e con tres e medio empataron o resto de participantes: Adams, Giri, Vachier-Lagrave e Mamedov.
Ningún comentario:
Publicar un comentario