Amosando publicacións coa etiqueta Biel 2011. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biel 2011. Amosar todas as publicacións

venres, 29 de xullo de 2011

- Torneo Internacional de Biel 2011 (Final) Gaña Carlsen e Morozevich volve á elite

A derradeira xornada do torneo foi máis de trámite que de outra cousa, e soamente serviu para que Morozevich gañase a Pelletier e recuperase máis puntos elo para poder superar os 2700 na lista de setembro.
A táboa final:


1.Magnus CarlsenNOR2821 19
2.Alexander MorozevichRUS2694 17
3.Maxime Vachier-LagraveFRA2722 12
4.Alexei ShirovESP2714 12
5.Fabiano CaruanaITA2711 10
6.Yannick PelletierSUI2590 5

Web oficial

- Torneo Internacional de Biel 2011 (9R) Vitoria matemática de Carlsen

A derrota de Morozevich deixa o torneo decidido. Magnus Carlsen vai ser o gañador pase o que pase na derradeira rolda.

mércores, 27 de xullo de 2011

- Torneo Internacional de Biel 2011 (8R) Táboas entre os de cabeza

A partida entre Morozevich e Carlsen rematou en táboas tras unha partida con bastante loita. Shirov conseguiu batir a Caruana, e Vachier-Lagrave afundiu un pouco máis a Pelletier tras derrotalo. Carlsen mantén a distancia con Morozevich de tres puntos.

- Torneo Internacional de Biel 2011 (7R) Carlsen imparable

A traxectoria do noruegués Magnus Carlsen está a ser impresionante no torneo de Biel: +5=1-1. Soamente Morozevich, que parece recuperar o nivel de fai uns anos, consegue manter o ritmo e está a unha vitoria de diferenza. O español Shirov comparte a terceira praza con Vachier-Lagrave. Caruana saiu da derradeira posición, que ocupa agora Pelletier.

domingo, 24 de xullo de 2011

- Torneo Internacional de Biel 2011 (5R) Derrota de Carlsen

O Vachier-Lagrave venceu a Magnus Carlsen nunha partida moi longa, na que o xogo estivo moi pechado toda a partida. O noruegués estivo toda a partida á defensiva, e a súa posición acabou caendo polas manobras do francés. Morozevich con negras derrotou a Caruana, que segue sen levantar cabeza no torneo. Pelletier e Shirov fixeron táboas.
A pesar da derrota Carlsen segue na cabeza con dez puntos, con Morozevich a un punto e Vachier-Lagrave a catro.

venres, 22 de xullo de 2011

- Torneo Internacional de Biel 2011 (4R) Carlsen destácase grazas a un erro de Caruana

O italiano Caruana deixouse unha peza recién iniciado o medio xogo, e deixou un punto en bandexa ao número 1 do mundo, que obtivo así unha vitoria sen moito traballo. As outras partidas remataron en unhas táboas bastante rápidas e sen nada de risco por parte de todos os xogadores.
Deste xeito Carlsen ten unha ampla vantaxe na táboa de clasificiación:

1.Magnus CarlsenNOR2815 10
2.Alexander MorozevichRUS2694 6
3.Alexei ShirovESP2714 5
4.Maxime Vachier-LagraveFRA2722 3
 Yannick PelletierSUI2590 3
 5.Fabiano CaruanaITA2711 2

mércores, 20 de xullo de 2011

- Torneo Internacional de Biel 2011 (3R) Shirov gaña e Carlsen segue arriba

O español Shirov firmou a súa primeira vitoria en Biel, ante o italiano Caruana. Shirov foi acadando pequenas vantaxes nunha longa partida, ata que impúxose forzando unha rede de mate con dama e peón. Carlsen e Morozevich xogaron unha tensa partida, na que o noruegués parecía levar a iniciativa, pero o ruso defendeuse moi ben e remataron en táboas. Na partida de Pelletier contra Vachier-Lagrave o francés sacrificou unha calidade por motivos posicionais, ao estilo que fixera famoso a Petrosian, e non contento con iso, sacrificou un bispo, quedando con catro peones, un moi avanzado, por torre e algo de ataque, pero as brancas defendíanse ben e tivo que forzar táboas.

A posición corresponde a partida Shirov - Caruana. Nela o español xogou 63.Bg6+ e o italiano abandonou. A combinación é simple. Tras 63... Cxg6 non corresponde 64.fxg6 Rxg6 e queda moita partida. Shirov o que tiña en mente era a intermedia 64.Df7+ que obriga a 64... Rh8 e tras 65.fxg6 hai mate en h7.

martes, 19 de xullo de 2011

- Torneo Internacional de Biel 2011. Carlsen comeza gañando


Comezou este importante torneo, o máis forte do verano, e na primeira rolda o número 1 mundial Magnus Carlsen foi quen de gañar un difícil final de damas ao suizo Pelletier. Caruana - Vachier-Lagrave e Shirov - Morozevich remataron en táboas.
Web oficial.