Amosando publicacións coa etiqueta Dortmund 2011. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dortmund 2011. Amosar todas as publicacións

domingo, 31 de xullo de 2011

- Torneo de Dortmund (Final) Kramnik perde con Nakamura pero gaña o torneo

Unha derrota na derradeira partida fai menos brillante a vitoria de Vladimir Kramnik no torneo de Dortmund. Nakamura conseguiu derrotar ao ruso xogando con negras unha defensa india de rei, na que Kramnik sacrificou unha peza para atacar. Non é habitual este estilo de xogo no excampión mundial e non foi capaz de rematar o ataque, Nakamura superou os problemas e fixo boa a vantaxe material.
As outras dúas partidas remataron en táboas, e non alteraron a táboa clasificatoria: Le Quang segundo e Ponomariov terceiro.
Web oficial.

venres, 29 de xullo de 2011

- Torneo de Dortmund (7R) Kramnik escápase na táboa

Unha nova vitoria de Vladimir Kramnik na sétima rolda fai que teña dous puntos de vantaxe sobre o seu seguidor, Le Quang. Tendo en conta que faltan tres partidas non parece posible que o ruso perda a cabeza no que falta.

mércores, 27 de xullo de 2011

- Torneo de Dortmund (6R) Tres táboas

Non hai cambios na xeral neste torneo xa que todas as partidas remataron en táboas. Nakamura tentou atracar a Giri nun final de táboas, pero o holandés non picou. Le Quang e Meier xogaron ata matar unha posición que sempre estivo nivelada. Ponomariov sufriu un pouco con brancas para acadar táboas con Kramnik.

martes, 26 de xullo de 2011

- Torneo de Dortmund (5R) Kramnik non ten rival

O excampión mundial Vladimir Kramnik está a arrasar aos seus rivais no torneo alemán de Dortmund. En cinco partidas soamente cedeu unhas táboas é ten o seu inmediato seguidor a punto e medio. Chama a atención a baixa forma de Nakamura, que leva soamente 1,5 puntos.
A táboa na metade do torneo:
1Meier,G2656
XX00½½½1,5
2Kramnik,V2781
1XX111½4,5
3Giri,A2701
10XX½0½2
4Nakamura,H2770
½0½XX0½1,5
5Ponomariov,R2764
½011XX02,5
6Le Quang,L2715
½½½½1XX3

venres, 22 de xullo de 2011

- Torneo de Dortmund (2R) Kramnik gaña outra vez e segue líder

O excampión mundial Kramnik levaba negras e o seu rival, Meier, escolleu xogar un esquema de catalana, o que a primeira vista non parece a mellor idea do mundo cando tes ao mellor xogador desa apertura diante. Por riba lanzouse a gañar material e foi fulminado por ataque directo contra o rei.
Ponomariov gañou a Giri e colócase na segunda praza, tras facer un peón que conseguiu pasar no ala de dama no medio xogo, e sen ter a necesidade de chegar ao final.
A partida entre Le e Nakamura rematou moi pronto en táboas por repetición, e mostrando a pouca intención de loitar dos xogadores.

- Torneo de Dortmund (1R) Kramnik gaña e ponse líder

Iniciouse o outro torneo do verán, que ten lugar na localidade alemana de Dortmund. O torneo ten a categoría XX, con unha media de Elo de 2731, e conta ca presenza de dous excampións mundiais. Os resultados da primeira rolda:
Meier – Le: 0,5 - 0,5
Kramnik – Ponomariov: 1 - 0
Giri – Nakamura: 0,5 - 0,5