venres, 11 de marzo de 2011

- Clasificacións finais dos galegos sub-14 e sub-18 2011

Julio Suárez Gómez do Xadrez Fontecarmoa e Martín Arellano Pardo do Xadrez Ourense son os novos campións galegos sub-14 e sub-18.

Enlace da Fega cos datos completos.

mércores, 9 de marzo de 2011

- Asemblea Xeral da FEGA

Da páxina da FEGA:


09/03/2011 - CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA O 20 DE MARZO DE 2.011

Por orde do Sr. Presidente da Federación Galega de Xadrez convócase, según o artigo 33.2 dos Estatutos da FEGAXA, reunión da Asemblea Xeral Ordinaria desta federación deportiva o vindeiro día 20 de Marzo de 2.011 ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 horas en segunda convocatoria; no Hotel Scala de Padrón.

sábado, 5 de marzo de 2011

- Campionatos de España dende sub-8 a sub-18 en Padrón

A Feda publica a información nos seguintes enlaces: Sub-8 a Sub-14. Sub-16 e Sub-18. Unha boa oportunidade para os xogadores galegos, que teñen un campionato importante "na casa". Os torneos serán dende finais de xuño ata finais de xullo.

- Clasificación final do Women Grand Prix 2010-2011

A Campiona do Mundo Yifan Hou foi a gañadora do circuito, seguida de Koneru e Dzagnidze.
Clasificación completa.

- Women Grand Prix Qatar 2011 (Final) Koneru gaña por Sonnen a Danielian

A armenia Danielian foi na cabeza da clasificación todo o torneo ata que chegou a última rolda. Nela fixo unhas táboas en pleno medio xogo con Stefanova, o que fixo que sumara 8 puntos. Ninguén podía superala, pero si podían igualar os seus puntos.
Sebag podía facelo, pero a súa defensa siciliana foi derrotada por Munguntuul, que adoptou o ataque inglés e gañou con claridade superando estratéxicamente á francesa. A pesar da derrota Sebag rematou na terceira praza.
A india Koneru tamén podía alcanzar á xogadora armenia se gañaba, e gañou. Para iso empregou unha variante pouco habitual da defensa Benoni. A súa rival, Zhu Xhen, primeiro deixouse un peón nun truco táctico. Pouco despois recuperouno, pero a cambio de deixar sen xogo ao alfil que tiña ademáis dunha torre. A xogadora india aproveitou para esnaquizar o ala de dama da rival e a qatarí rendeuse.
Deste xeito Koneru alcanzaba a Danielian, e tras calcular o sonnen resultou que a xogadora que fora en cabeza todo o torneo foi superada na táboa final. Ben polas táboas rápidas da armenia!

RnkSNo.NameRtgFED123456789101112PtsRes.SB
11GMKoneru Humpy2607IND*1½½10½111½18141.75
28GMDanielian Elina2454ARM0*101111½1½18040.25
35GMSebag Marie2489FRA½0*1½110½1½17035.00
43GMCramling Pia2516SWE½10*½100½½1½5½1½30.50
56GMChiburdanidze Maia2502GEO00½½*½1011½½5½126.75
612GMDzagnidze Nana2550GEO1000½*1110105½½29.25
79GMXu Yuhua2484CHN½00100*1011½5124.75
87IMMunguntuul Batkhuyag2410MGL0011100*½0½15025.75
910IMMkrtchian Lilit2475ARM0½½½001½*½014½½23.50
102IMFierro Baquero Martha L2363ECU000½0101½*½14½½21.00
114GMStefanova Antoaneta2546BUL½½½0½00½1½*04023.50
1211GMZhu Chen2495QAT000½½1½0001*3½017.50

Web oficial.

venres, 4 de marzo de 2011

- Women Grand Prix Qatar 2011 (10R) Cramling mantén vivo o torneo

A sueca Cramling venceu a armenia Danielian, e así deixa aberto o torneo para a derradeira rolda. A defensa Merano esta vez non serviulle a Danielian, que viu como Cramling conseguiu un peón pasado avanzado que gañou a partida. A vitoria de Koneru e as táboas de Sebag deixan as dúas con 7 puntos, por 7,5 de Danielian, e todo vaise decidir mañá, e que podemos ver a contianuación.

6GMChiburdanidze Maia2502-GMDzagnidze Nana255012
7IMMunguntuul Batkhuyag2410-GMSebag Marie24895
8GMDanielian Elina2454-GMStefanova Antoaneta25464
9GMXu Yuhua2484-GMCramling Pia25163
10IMMkrtchian Lilit2475-IMFierro Baquero Martha L23632
11GMZhu Chen2495-GMKoneru Humpy26071

Danielian xoga ca colista Stefanova, que ten 3,5 puntos, máis Koneru con Zhu Chen, que tamén ten 3,5 puntos. A rival de Sebag e Munguntuul, que completa a curiosidade de que as tres primeiras xogan cas tres últimas.

xoves, 3 de marzo de 2011

- Women Grand Prix Qatar 2011 (9R) Danielian xa vence de novo

Tras perder a súa primeira partida onte Danielian non se viu afectada hoxe, e con brancas sacou con claridade o punto contra Fierro. Koneru non foi que de seguir o ritmo e queda máis lonxe da cabeza tras as táboas con Xu Yuhua. A que si gañou a súa partida foi a francesa Sebag, que mantén a distancia ca líder de un punto a falta de dúas partidas. Na derradeira posición desfíxose o empate, e agora é a qatarí Zhu Chen que é colista en solitario.

mércores, 2 de marzo de 2011

- Engadimos á columna uns problemas de xadrez.

A partir de xoxe cada día teremos uns problemas para resolver que xentilmente proporciona a páxina Shredderchess.com. 

- Women Grand Prix Qatar 2011 (8R) Koneru vence á líder Danielian

Nunha gran partida a xogadora india venceu a armenia, onde pódese ver o poder dun centro forte, e desta forma xa non quedan xogadora imbatidas. A pesares de todo Danielian mantén a primeira praza con un punto de vantaxe sobre Koneru e Sebag. Quedan tres partidas para rematar o torneo e o calendario de Koneru parece un pouco máis favorable que o das outras xogadoras con opcións de vitoria. Dzagnidze con 5 puntos e Cramling con 4,5 parecen estar descartadas.

martes, 1 de marzo de 2011

- Women Grand Prix Qatar 2011 (7R) Seis e medio de sete para a armenia Danielian

Non ten rival a xogadora de Armenia neste torneo do Grand Prix feminino. A falta de catro partidas leva punto e medio de vantaxe sobre a francesa Sebag, que marcha na segunda praza con cinco puntos. Na terceira praza está Koneru con catro e medio. Pechan a táboa Stefanova, Xu Yuhua e Zhu Chen con dous puntos. Táboa completa.