Non hai moitos cambios. Carlsen segue sendo o número un e ten unha diferenza de 95 respecto a Anand a poucos días de comenzar o match polo título. Nakamura chega máis alto que nunca, a cuarta praza. Radjabov segue sen levantar cabeza, e agora está no posto 33º. O primeiro español segue a ser Vallejo, con 2705 no posto 44. Na lista feminina como sempre manda Judith Polgar.
venres, 1 de novembro de 2013
mércores, 30 de outubro de 2013
Copa Galicia de Clubes 2013
Vaise xogar no Casino da Coruña, organizada polo CIDU, os días 16 e 17 de novembro. Categorías cadete e absoluta.
Campionatos mundiais da xuventude 2013 nos Emiratos Árabes Unidos
No mes de decembro van ter lugar estes campionatos nun lougar un tanto exótico. Polo momento catro españois están inscritos: David Antón, Miguel Santos, Amalia Aranaz e Irene Nicolás.
luns, 28 de outubro de 2013
O equipo checo G-Team Novy Bor gaña a Copa de Europa de clubes
Gañando seis encontros e empatando un o G-Team foi o gañador da copa europea, no que xogaron Navara, Woijtaszek, Laznicka, Sasikiran, Hracek, Bartel e Cvek. Na segunda praza acabou o Malachite ruso e terceiro o SOCAR uzbeko. O Montecarlo foi o gañador da categoría feminina.
luns, 14 de outubro de 2013
O GM Julio Granda gaña o Torneo Internacional Xadrez entre Faros
Xogado entre a localidades de Fisterra, Camariñas e Muxía disputouse este torneo internacional que reuniu a cinco grandes mestres de máis de 2600. Granda sumou 5,5 puntos dos dez en xogo, sacando medio de vantaxe a Cheparinov, que rematou na segunda praza.
sábado, 5 de outubro de 2013
Torneo Internacional de Xadrez Entre Faros
Nos concellos de Fisterra, Camariñas e Muxía vai ter lugar un torneo internacional co motivo dos faros de fondo. Xogan Lázaro Bruzón, Julio Granda, Richard Rapport, Iván Cheparinov, Iván Salgado, nun torneo organizado polo clube Faro Touriñán.
As partidas comezan ás 15:00, e as dez roldas irán do día 5 ao día 14. Tres partidas no faro de Fisterra, tres partidas no faro do Cavo Vilán en Camariñas e as catro finais na Biblioteca Municipal de Muxía. As partidas son retransmitidas en directo todos os días na rede.
venres, 20 de setembro de 2013
Yifan Hou recupera o título mundial feminino
A chinesa Yifan Hou pasou por riba da actual campiona Anna Ushenina nun match pactado a 12 partidas pero que rematou na sétima con un marcador de 5,5 - 1,5. A ucraniana gañara o título na última Copa do Mundo, e tiña que defendelo nun match ante a excampiona. A competición foi gañada doadamente por Hou que foi moi superior en todo momento.
mércores, 18 de setembro de 2013
Carlsen gaña un forte cuadrangular en San Louis
Con 4,5 sobre 6 Magnus Carlsen levouse un torneo diante de Nakamura (3,5), Aronian (2,5) e Kamsky (1,5).
Web oficial.
Web oficial.
luns, 9 de setembro de 2013
O GM Iván Salgado gaña o campionato de España
Tras gañar varias categorías inferiores fai anos, desta vez Iván Salgado levouso o Campionato Absoluto de España, que xogouse en Linares. Con 7,5 puntos sacoulle medio ao GM Illescas e un punto a un grupo no que quedaron empatados Arizmendo, Korneev e Antón.
Kramnik gaña a Copa do MUndo en Noruega
Sen moitos atrancos Vladimir Kramnik venceu na final a Andreikin, e levouse a Copa do MUndo 2013 que tivo lugar en Tromso, Noruega.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)