Na segunda rolda do grupo A do torneo soamente Nepomniachtchi foi quen de gañar, contra o chinés Wang Hao con negras nunha apertura que foi unha mestura da Pirc e da India de Rei. O resto das partidas foron empates, pero chaman a atención algúns deles, nos que os xogadores decidiron ter unha xornada de lecer. Por exemplo, Ponomariov e l'Ami acordan táboas nunha posición na que trocaron un peón e unha peza menor en 21 xogadas. No Anand - Kramnik a partida prometía cando Kramnik cede calidade por iniciativa, pero pouco despois recupera o material simplificando e matando o xogo. Shirov e Carlsen tiveron unha partida de risco polas dúas partes, que acabou cun xaque continuo de Carlsen. Na cabeza están agora Anand, Nakamura, Smeets e Nepomniachtchi.
No grupo B atopamos ao único xogador con dous de dous, McShane, que ven de xogar moi ben en Londres e está en racha. No grupo C varios xogadores teñen 1,5, entre eles o GM ucraniano de 14 anos Nyzhnik.
A terceira rolda o luns 17 ás 13:30.
Ningún comentario:
Publicar un comentario